Experiencias

PROCESO: A PLANTACIÓN DE BULBOS DE TULIPÁNS

As nenas e nenos de 4º confeccionaron uns tarros a partires de botellas de plástico. Unha vez decorados, procederon á plantación de bulbos de tulipáns,  alá polo mes de xaneiro. A mediados de marzo,  algunhas plantas xa floreceron e o alumnado levounas para os seus fogares. Outras, máis tardías,  aínda están na aula á espera de que boten flor. Foi un traballo moi completo e no que o alumnado puxo moito entusiasmo. Grazas, chicos e chicas!!!!

A EIRUGA "COMEPALABRAS"

A nosa eiruga "comepalabras" segue a súa andaina: rube polas escaleiras, atravesa portas, agatuña polas paredes...Cada día engorda máis e máis porque o noso alumnado non se esquece de levar ata ela as palabras galegas que non coñecían. Escriben, ilustran e van confeccionando un gran dicionario no que deixan plasmado o significado das novas palabras.

PLANTAS EN 4º DE PRIMARIA

O alumnado de 4º prepara as súas plantas para levalas ás respectivas casas antes das vacacións de Nadal. Frondosas plantas, fermosas macetas decoradas, adornos... e un estupendo traballo detrás.

XA COMEZARON A AGROMAR!

Fai quince días que vos contabamos a nova plantación que fixemos de ranúculos. Pois ben, como os temos moi ben coidados e nun sitio con moita luz aquí vos ensinamos unha foto onde podedes ver que xa están nacendo. SEGUIREMOS INFORMANDO

 

XA CHEGOU A PRIMAVERA!

Á clase de 3º xa chegou a primavera. Despois dunha larga espera agromou o primeiro tulipán! FERMOSO!

TERCEIRO PLANTA BULBOS

O alumnado de 3º xunto coa súa titora estivo plantando bulbos. Primeiro, removeron a terra para que estivese aireada. Logo, foron plantando bulbos de tulipáns, xacintos, ranúnculos, ...Agora toca esperar ata que nazan unhas fermosas flores que adornarán as macetas que temos á entrada do centro.

Distribuir contido