5 anos

O INVERNO: 6º INFANTIL

O inverno chegou a 6º de infantil. Debuxos, murais,...decoran a súa estupenda aula.

Tralos vidros da xanela cae a neve sobre a terra.

Tralos vidros da xanela noites mouras frías pedras.

Tralos vidros da xanela renxe tola a cancela.

Tralos vidros da xanela os invernos amarelan. Antonio Gacía Teijeiro

O ALUMANDO DE INFANTIL VISITA BOIRO

O alumnado de infantil acompañado das titoras e de dúas profesoras máis, Vanesa e Olivia, visitaron Boiro. Primeiro, foron recibidos no Concello polo teniente alcalde, xefe da policía local e o concelleiro de educación que lles ensinaron algunhas das distintas dependencias do edificio. Logo, na Praza de Galicia tiveron a oportunidade de ver e subir a un camión de bombeiros, a un coche de Protección Civil, a unha lanza zodiac,...Despois, acudiron ao mercado, percorrendo os distintos postos de peixe, carne, verduras,...Con posterioridade, achegáronse ata A Cahada onde tomaron a merenda, para despois visitar a Biblioteca Municipal e a emisora de Radio-Boiro, onde foron entrevistados polo locutor. Sen dúbida, unha mañá cargada de experiencias!

 

XI SEMANA CULTURAL: XOGO DE PROBAS

Os máis peques do cole tamén fixeron xogos de probas. Aquí unha pequena mostra das súas habilidades.

 

 

A PRIMAVERA CHEGA A INFANTIL DA MAN DA POESÍA

Aquí vos deixamos moitos traballos do alumando de infantil: poemas, flores, paxariños, caracois, abellas, ...a primavera  xa chegou ás aulas e aos corredores.

 

 
Distribuir contido