Outras actividades

SEMANA CULTURAL: VISITAMOS RIANXO

     Dentro das actividades enmarcadas na Semana Cultural preparada polo Equipo de Dinamización da Lingua,  realizamos unha visita cultural a fermosa vila mariñeira de Rianxo. Todo o alumnado, distribuído por idades, levou a cabo as seguintes visitas: casa Manuel Antonio, Museo do Mar, roteiro de Castelao e Biblioteca Municipal. Para rematar,  na Rúa do Medio, diante do bar Feliciano cantamos a Rianxeira na súa versión orixinal, traída de Arxentina. En todo momento contamos cun equipo de guías que nos acompañaron e nos explicaron moitísimas curiosidades dos lugares visitados.

PARABÉNS E MOITÍSMAS GRAZAS AO CONCELLO DE RIANXO POR ENSINARNOS MOITAS COUSAS DESTA FERMOSÍSIMA VILA!

Aquí vos deixamos un petisco de fotos. Se queredes ver máis, vistade a páxina web do centro.

SENDEIRISMO

Como remate da Semana Cultural, o venres 15 de maio,  realizamos unha xornada de sendeirismo. Os cursos, agrupados en idades cercanas, percorreron diferentes tramos. As nenas e os nenos de 4º, 5º e 6º avanzamos seguindo parte do curso do río Beluso. Unha paisaxe fermosísima, aínda que había algún tramo no que nos convertemos en verdadeiros/as exploradores/as. Tivemos tempo de merendar á beira do río Brea e de tomar uns apetitosos amorotes que encontramos polo camiño.

PREMIOS MARCAPÁXINAS CONCELLO DE BOIRO

O alumnado do noso centro participou no certame de elaboración de marcapáxinas convocado polo Departamento do Concello de Boiro. A participación foi masiva e as técnicas e slogans do máis orixinal. O xurado seleccionou dous gañadores do noso centro: Carla de 4º e Nicolás de 3º.

A exposición dos marcapáxinas e entrega de premios tivo lugar o venres, 17 de maio. No mesmo acto, alumnado dos centros e primaria de Boiro realizaron a lectura de poemas. O noso centro estivo representado por Adriana de 4º que recitou o poema :"A FALA" de Manuel María e por Lidia de 3º que recitou "Con leres un libro" de Mamá Cabra.

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Como remate da XII Semana Cultural realizamos un festival no salón de actos da Casa da Cultura "Ramón Martínez López" en Boiro. Queremos agradecer a colaboración da AMPA do centro, da Escola de Música, do departamento de cultura de Boiro, de Mª José profesora de baile rexional, Tania e Orlando profesores de baile moderno,...Contamos con variadas actuacións: baile rexional, baile moderno, actuacións con piano, trompeta, marimba, baixo, Lara e Fernando de 2º leron as poesías coas que resultaron gañadores no certame "Francisco Añón" .O pallaso RUDI e o mago ALÁN puxeron a proba as gargantas do alumnado. Rematamos visualizando o extraordinario vídeo "Bos días, princesa" realizado polo titor de 1ºB, Manuel Villar. Grazas a Rubén de 4º e a Ivana de 3º que foron uns excelentes presentadores. Queremos pedir desculpas pola mala calidade das fotos.

 

XI SEMANA CULTURAL: XOGO DE PROBAS

Os máis peques do cole tamén fixeron xogos de probas. Aquí unha pequena mostra das súas habilidades.

 

 

XI SEMAMA CULTURAL: FESTIVAL

Dentro do programa de actividades da XI Semana Cultural, o mércores  11 de maio realizamos un festival na Casa de Cultura Ramón Matínez López de Boiro. Dúas obras de teatro: "Restaurante Farruco" representada polo alumnado de 5º, "O testamento do tío Nacho" representada por pais, nais, profesores, conserxe e persoal limpeza, recitado de poemas, baile galego da AMPA, baile de 6º e a actuación dun mago. Se querede ver fotos entrade na galería (arriba á dereita).

XI SEMANA CULTURAL: XINCANA

Atopámonos agora cun xogo denominado xincana. É unha actividade colaborativa onde o grupo ten que coordinarse para ir resolvendo cada proba que lle dará unha pista para realizar a proba seguinte. Ninguén se salva: conserxe, profes, clases...hai que atopar as pistas aínda que poñamos o colexio patas arriba; por iso resulta tan divertida. 

Distribuir contido