Alumnado

DÍA DA POESÍA: POEMANDO DO A ao Z

Na semana da Poesía realizamos varias actividades. Cabe destacar a que tivo lugar no patio onde o alumnado despois de realizar unha selección de poemas sobe animais (Tema do Proxecto da Biblioteca) realizou  actividades de procura de información e outras de carácter máis lúdico. Algúns cursos tiveron a sorte de que o tempo acompañou e puideron levala a cabo no patio. Outra das actividades propostas é a realización de acrósticos tomando como referencia nomes de animais. Se queres ver máis fotos destas actividades visita o blog da avelaiona Luíña.

NOVOS CARNÉS DA BIBLIOTECA ESCOLAR

NOVOS CARNÉS ESCOLARES! Luíña co paso dos anos foi cambiando e as nosas nenas e nenos tamén van medrando. Por iso, decidimos actualizar as fotos dos carnés escolares e cambiar a portada. CHULOS, EH???

POSTAIS NO DÍA DE ROSALÍA


O 24 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" coa confección de postais, seguindo unha proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). No noso centro introducimos algunha variación á proposta inicial, tanto na elaboración dos postais como na temática dos versos.Os poemas que eliximos para que o alumnado memorizase o copiase foron versos relacionados coa cociña (tema do Proxecto Anual). Tamén se traballou na vida e obra desta galega ilustre.

 

DÍA DA PAZ, 2016

Foron varias as actividades levadas a cabo para celebrar o Día da Paz: marcapáxinas, medallóns, mandalas, e moitos agasallos para intercambiar entre as distintas titorías. O acto conxunto tivo lugar na Biblioteca do centro,  no que gozamos oíndo e vendo vídeos co título conxunto "Lecturas pola paz".

"Negros e Brancos", "Mellor falar que pelexar",  " Un chocolate moi especial" "Unha manchea de bicos" , "A pomba dona Paz" e moitos poemas de temática pacifista, foron as lecturas compartidas mediante vídeos.

Se accededes ao blog da biblioteca poderedes gozar deles.

http://bibliotecacespon.blogspot.com.es/2016/01/negros-e-brancos-dia-da-paz-2016.html

http://bibliotecacespon.blogspot.com.es/2016/01/mellor-falara-que-pelexar.html

http://bibliotecacespon.blogspot.com.es/2016/02/un-chocolate-moi-especial-paz-2016.html

http://bibliotecacespon.blogspot.com.es/2016/01/unha-manchea-de-bicos-dia-da-paz-2016.html

http://bibliotecacespon.blogspot.com.es/2016/01/lecturas-pola-paz.html

 

LUÍÑA, A NOSA MASCOTA

O alumnado de 2º de primaria seguindo co tema central da biblioteca realiza a mascota da biblioteca, Luíña, a partires de distintos alimentos.

OBRADORIO DE COCIÑA: COCADAS DE NADAL

O alumnado de 3º e 4º realizou un obradoiro de cocadas, unha exquisita sobremesa de Nadal. Baixo a dirección da chef de cociña Natalia,  realizaron os distintos pasos ata conseguir este rico manxar. Tamén levaron algunhas cocadas para as súas familias!

PROXECTO ANUAL DA BIBLIOTECA

"Xa estamos coas mans na masa" Neste cadro podedes observar as presentacións dos distintos produtos que xa se levaron a cabo. Se queredes ver fotos ou mesmo as presentacións, VISITADE O NOSO BLOG DA BIBLIOTECA!!!!.

http://bibliotecacespon.blogspot.com.es/ 

E seguimos ampliando fronteiras na procura da gastronomía ...da contorna, de Galicia, de España...

PREMIOS LITERARIOS RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ

Parabéns a Lía de 3º e Carla de 6º polos premios acadados no Certame Literario Ramón Martínez López.

DÍA DO LIBRO 2015

O 23 de abril celebramos o día do LIBRO. Realizamos marcapáxinas para enviar ás familias, decoramos lapis con adhesivos no que aparecía a data 23 de abril e a mascota Luíña. Tamén deseñamos a portada do libro que nos gustaría escribir.  As técnicas empregadas foron variadas, pero o resultado final, moi fermoso. PARABÉNS NENAS E NENOS! FELIZ DÍA DO LIBRO E FELICES LECTURAS!

DÍA DA PAZ 2015

Na semana da Paz realizamos diversas actividades: marcapáxinas, murais colectivos baixo o slogan: “Mans pola PAZ”...O 30 de xaneiro reunímonos na Biblioteca do centro para visualizar unha prezi sobre Malala e cantar diversas cancións.

Distribuir contido