Entroido

ENTROIDO, 2020

A continuación, deixamos as primeiras fotos do entroido celebrado no patio do centro o venres, 21 de febreiro. Como poden observar a calidade das imaxes non é boa,  porque non están subidas no formato axeitado. Esperamos solucionar en breve, un pequeno problema que temos na subida de fotos e outros documentos á páxina web.

En canto isto se solucione, subiremos estas e outras fotos deste día, con maior calidade.

ENTROIDO 2020: 5º e 6º

ENTROIDO, 2020: 3º e 4º

ENTROIDO 2020: 1º E 2º

ENTROIDO 2020: ALUMNADO DE INFANTIL

ENTROIDO, 2020

Maña, 17 de febreiro comezamos co primeiro mandado do Felipiño; continuaremos cada día da semana con diferentes mandados e que serán, como todos os anos acumulativos. O venres 21, ás 13:15h. celebraremos o desfile  no patio do centro.

Este ano, sendo consecuentes co proxecto da biblioteca, os disfraces serán todos elaborados con material de reciclaxe, dándolle así unha segunda vida a estes  materias.

QUEIMA DO MECO, 2019

Este xoves, 14 de marzo demos por concluído o entroido co acto final: QUEIMA DO MECO. O alumnado de 6º redactou e deu lectura o testamento do Meco. Un testamento con moita inxenuidade e humor. PARABÉNS NENAS E NENOS DE 6º!

ENTROIDO, 2019

Á espera de recompilar máis fotos desta divertida xornada de entroido (venres, 1 de marzo de 2019) deixamos un pequeno aperitivo de fotos. Este ano o tema central foi "O UNIVERSO" . Como vén sendo habitual coincide co tema central do proxecto da biblioteca.

OS MANDAMOS DO ENTROIDO, 2019

Nos días previos ao venres, 1 de marzo celebración do desfile de entroido no centro, O FELIPIÑO a través de versos rimados, informábanos dos mandados que cada día debiamos traer.

Nesta pequena reportaxe fotográfica podemos ver o enxeño e a orixinalidade das familias e do alumnado á hora de levar a práctica este cometido. PARABÉNS!!!!

ENTERRO DO MECO, BAILES E SOBREMESAS DE ENTROIDO


Unha vez feito o desfile dos disfraces dos distintos cursos, realizouse a lectura do testamento do Meco. O alumnado de 6º acusouno de ser un ser maléfico e foi castigado coa fogueira.

Logo, para rematar de  celebrar a festa, o alumnado de 5º e 6º realizaron bailes. Para finalizar demos boa conta das ricas sobremesas de entroido enviadas polas familias.

MOITAS GRAZAS, FAMILIAS!!!!!

Distribuir contido