6º curso

MANUALIDADES CON CEBOLAS

O alumnado de 6º realizou estas orixinais manualidades a partires de cebolas. PARABÉNS!

O ALUMNADO DE 6º CELEBRA OS ANIVERSARIOS DO TRIMESTRE

O alumnado de 6º, como vén sendo habitual ao longo dos cursos, celebra os aniversarios do alumnado que cumpriu no segundo trismestre do curso 2013/2014. Neste caso,  PARABÉNS para Jhon, María da Silva, Borja e Rubén Otero.

 

ADEUS A NELSON MANDELA

A biblioteca do centro reparte entre as distintas titorías unha pequena reseña do político, pacifista...Nelson Mandela con motivo do seu pasamento , o pasado 5 de decembro. O alumnado de 6º decide afondar no tema e... prensa en man ponse ao labor. Infórmanse nos distintos xornais e elaboran un gran mural con texto e imaxes que colocan na entrada do centro.

 

O ALUMNADO DE 6º CELEBRA OS ANIVERSARIOS

Como xa ven sendo habitual o alumando de 6º celebra os aniversarios de xeito conxunto. Grazas ás familias que colaboran para que o alumnado realice esta celebración de xeito san, tomando alimentos cociñados nas casas, fuxindo así das típicas lambonadas. PARABÉNS A TODAS E TODOS!

 

25 DE NOVEMBRO

O alumnado de 6º estivo realizando un laborioso mural para recordar e concienciar sobre o que conleva o Día Internacional  para a eliminación da violencia de xénero.

 

PROFESIÓNS ALUMNADO DE 6º

o alumnado de 6º déixanos moitos recordos no centro, tanto materias: murais, relatos, poemas, ...como emotivos: colaboradores/as, algúns e algunhas charlatáns, traballadores/as, bos compañeiros/as, ...e agora decidiron contarnos, antes de irse, o que queren ser de maiores. Un fermoso libro recolle estes desexos e ocupará un lugar moi importante na Biblioteca. Tamén tiveron a xenial idea de elaborar un vídeo! Dende o centro e dende o Equipo da Biblioteca dámosvos as grazas por toda a colaboración prestada en cantidade de actividades e dicímosvos GRAZAS E  ATA SEMPRE!  PREME PARA VER O VÍDEO

A PRENSA NA ESCOLA

o alumnado de 6º leva realizando ao longo do curso diversos e variados traballos coa prensa. Hoxe toca de novo, revisar e buscar a información precisa para opinar, responder a unhas cuestións plantexadas, ampliar información de temas traballados...Aquí volos deixo...SSSSSSSSSSS! Precisan silencio, so o ruído de pasar as follas curioseando as distintas seccións.

OS XOGUETES ESQUECIDOS

 O alumnado de 6º púxose a traballar elaborando, coa axuda das familas,  os xoguetes de antes, os xoguetes esquecidos: barcos de noz, tarabelas, andacamiños, carrilanas, lanchas de xibia...MELLOR QUE OS VEXADES!

CADROS EN PLASTILINA

O alumnado de 6º realizou cadros con plastilina, con motivos diversos. Bo traballo!

CINE EN 6º

O alumnado de 6º comezou unha sesión de cine coa visualización da primeira película: Temple Grandin. Aquí podedes atopar todos os datos técnicos da película, así como o argumento, temas paralelos nos que investigaron e as opinións persoais.

Distribuir contido