Traballos

LUÍÑA, A NOSA MASCOTA

O alumnado de 2º de primaria seguindo co tema central da biblioteca realiza a mascota da biblioteca, Luíña, a partires de distintos alimentos.

INFANTIL E A POMBA DA PAZ

O alumando de infantil une as súas pequenas mans para pedir a paz.

Quiero una P, quiero una P

para parar, para parar

peleas y guerras que nos harán llorar.


Quiero una A, quiero una A

para abrazar, para abrazar

todo el amor que tú puedas soñar.


Y ahora también, y ahora también

para el final quiero una Z para zapatear.

                                                        GLORIA FUERTES

 

ESCUDOS CON PLASTILINA

O alumnado de 5º realizou un laborioso traballo con plastilina: O ESCUDO DE GALICIA. GRANDES ARTISTAS!

MÚSICA E PLÁSTICA NA BIBLIOTECA: "ANIMAIS ENCANTADORES"

Na vindeira semana e nos recreos escoitaremos, e como non bailaremos as melodías do libro "Animais encantadores". É un libro de Susa Herrerada editorial "Primerapersona". Ademais das letras impresas e en CD, conta cunhas fermosísimas ilustracións, ten coreografías para cada canción. O alumnado de 6º realizou en plastilina os 10 animais para axudar a presentación deste fermoso libro. Estupenda colaboración que toda a comunidade valora e o alumnado se sente moi motivado. Esperamos que sexa un éxito de asistencia. Xa o sabedes: A CANTAR E BAILAR CON "ANIMAIS ENCANTADORES!" : UN CANCIÑO, UN MORCEGO, UN CAMALEÓN, UN PORQUIÑO,...

OUTONO

Unha mañá, pitiño pispín
saíu pasear.
díxolle a nube:
"pin-pirin-pín, pitiño pispín
coas miñas pingas heite mollar".
Díxolle o pito:
"teño paraugas,
para as túas pingas:
¡pan-paran -pán!"

TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE 5º E 6º.

NO OUTONO, PAPAVENTOS!

Pois agora si: xa chegou o outono e con el os primeiros temporais que visitan as nosa costas: choivas, vento...por iso nós elaboramos uns fermosos papaventos! Gústanvos? Ata teñen brillantina!

CHEGOU O OUTONO!

O alumnado de 6º xunto coas súas familias está preparando verdadeiras obras de arte a  partires de materiais propios da época: O OUTONO. Completando esta estupenda estampa outonal recordan un texto de López Cuevillas. Gozade coas vistas!

OBRADOIRO "DECORAR BOLSAS"

O alumnado de 1º  curso realizou un obradoiro de decoración de bolsas. Tres alumnos de 5º: Verónica, Paula e Carlos estiveron axudándolles. Logo a profe, Ánxela encargada do obradoiro, meteulles nas bolsas uns agasallos.

 

Distribuir contido