5º curso

ESCUDOS CON PLASTILINA

O alumnado de 5º realizou un laborioso traballo con plastilina: O ESCUDO DE GALICIA. GRANDES ARTISTAS!

CESTAS CON FLORES

Aquí vos deixo  fotos dunhas fermosísimas cestas feitas polo alumnado de 5º. A vistosidade, o colorido, a estupenda elaboración ...fan que sexan todo unha obra de arte.

 

XI SEMANA CULTURAL: OBRADOIRO CESTOS

O alumnado de 5º elaborou unhas preciosas cestas, a partires de caixas que forraron con papel pinocho. Aquí podedes ver o resultado. Obradoiro de cestas

XI SEMANA CULTURAL: XOGOS POPULARES

Nas seguintes fotos podemos observar distintos xogos: a chave, sacos, zancos, relevos, chapas,...Son xogos populares que tan boa acollida teñen entre o alumnado. Contamos coa colaboración do concello. Aquí vos deixamos algúns momentos vividos polo alumnado do 3º ciclo.

 

XI SEMANA CULTURAL: BASUARTE

O alumnado do 3º ciclo participou nun obradoiro impartido por un xenial artista local. Esta persoa realizou varias esculturas que adornan o paseo marítimo e varios locales de Boiro, a partires do lixo recollido nas praias e mesturado con outros materiais. ESTUPENDA ACTIVIDADE!

Á AUGA, PATOS!

Dentro dos múltiples traballos plásticos levados a cabo polo alumnado de 5º dentro do proxecto "Basurarte" observamos agora a realización duns parrulos a partires de botellas de suavizante pintadas... XENIAIS IDEAS DE APROVEITAR O LIXO PARA FACER ARTE!

 

SAÍDA CULTURAL 3º CICLO

O alumnado do 3º ciclo visita o Pazo de Goiáns percorrendo os seus exteriores, observando a variedade de árbores, en moitos casos exemplares case únicos, e revivindo parte da historia guiados polas explicacións dunha monitora. Tamén aproveitaron a saída para achegarse ao parque da Cachada onde unha persoa de Medio Ambiente do Concello lles explicou as variedades de árbores existentes.

"BASURARTE"

O alumnado de 5º xunto coas familias elaborarou verdadeiras obras de arte a partires de elementos de refugallo. Se pasades pola aula poderedes observalas. De tódolos xeitos aquí vai un avance:

 

 
 

A CULTURA ÁRABE

Debuxos de hamsas, réplicas de haimas, ... pero sobre todo, busca de moita información: modo de vida, vestimenta, o papel da muller, o Islam...

O CADERNO AZUL

O alumnado de 5º segue co seu club de lectura. Primeiro foi "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure; agora "O caderno azul" de An Alfaya. Pincha aquí para ler algúns traballos elaborados.

Distribuir contido