Contos de medo ateigados de bruxas, pantasmas, vampiros, esqueletos,... realizados polo alumnado de cada curso para festexar o Samaín, viaxan agora de aula en aula para espallar entre as compañeiras e compañeiros dos doutros cursos toda a maxia, fantasía e imaxinación saída das súas creacións.
O alumnado de sexto de primaria despois dun laborioso traballo de recompilar, seleccionar e clasificar tapóns de botellas de plástico (podemos velos en fotos de entradas anteriores), elaborou unhas cómodas e fermosas cortinas que dan acceso aos baños da primeira planta do centro. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Anual da Biblioteca.
PARABÉNS!!!!!
Dentro das actividades preparadas para celebrar o día 24 DE OUTUBRO, día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, elaboramos uns fermosos lapiseiros, reutilizando botellas de plástico e dándolle un papel protagonista a nosa mascota Luíña.
Recorda que abaixo na parte dereita podes poñer ver as fotos en maoir tamaño.
E imos comezar coa redución dos plásticos que todo o invade: os nosos ríos, praias, mares, océanos..millóns de peixes e de aves que morren por culpa desta praga, sendo nós, os humanos os únicos culpables. ESTAMOS PREPARADAS/OS??? EMPECEMOS POR PROPOÑER IDEAS, ENTRE TODAS E TODOS.
Neste novo curso escolar, o Proxecto Anual da Biblioteca Avelaiona Luíña xira en torno ao coidado da nosa nai: O PLANETA TERRA. ESTÁ ENFERMO!!!!!!!!!!!!!!! Entre todas e todos imos levar a cabo una serie de propostas e iniciativas para axudar, pouco a pouco a recobrar a súa saúde.
As nenas e nenos de 1º xa comezaron a publicar moitos traballos elaborados na aula e aportados polas familias, en torno ao Sistema Solar. A seguir así, pequenos/as exploradores/as!