Sendeirismo

ANDAINA SAN RAMÓN.- 7 DE ABRIL

Como xa vén sendo costume no centro, o último venres de clase antes das vacacións de Semana Santa celebramos unha xornada de sendeirismo. Realizamos diferentes rutas dependendo das idades do alumnado. A hora da merenda é esencial para repoñer forzas. Tamén hai oco para pasar un tempo de xogos. Grazas ás familias que puideron acompañarnos nesta actividade.
 

XORNADA DE SENDEIRISMO

E como xa vén sendo habitual nos últimos anos, a véspera de vacacións de Semana Santa,  realizamos unha xornada de sendeirismo en San Ramón de Bealo. Ao chegar dividímonos por ciclos realizando distintos percorridos polas fermosísimas paraxes de San Ramón. Facemos un pequeno descanso para tomar a merenda e continuamos a caminata ata as 13:00h. Este día realízase xornada reducida tal e como consta no Plan Xeral Anual.  VER FOTOS NA GALERÍA.

 

SENDEIRISMO 2º CICLO...A NATUREZA IMPRESIONANTE...

O venres, 27 de abril, realizamos a xornada de sendeirismo, prevista para antes das vacacións de Semana Santa, pero aprazada debido ao mal tempo. O punto de encontro foi a ermida de San Ramón de Bealo. A actividade estaba aberta ás familias, e si contamos coa colaboración de pais e nais. Déixovos de momento, imaxes da camiñata do 2º ciclo: foi un percorrido extraordinario. pasamos da agreste paisaxe de montaña con toxos e xestas en plena floración,  a percorrer á beira do río Beluso por un estreito camiño. A paisaxe fermosísima e o río, por sorte, moi limpo, con augas transparentes que nos ían guiando no noso percorrido. Logo, tomamos a merecida merenda porque estabamos moi, moi cansas/os...PERO PASÁMOLO XENIAL: FOI UNHA RUTA DE EXPLORADORES/AS! Grazas Miguel Ángel (pai de Marta de 4º) que nos acompañou e axudou. En poucos días teremos subidas fotos doutros ciclos!

 

XORNADA DE SENDEIRISMO

O venres, 15 de abril, como vén sendo costume no centro realizamos a xornada de sendeirismo. O punto de encontro foi a capela de San Ramón e a caminata foi por ciclos. Dependendo da idade do alumnado o percorrido variaba en quilómetros. A xornada estaba aberta ás familias, e apesares de ser día laborable contamos coa compañía de pais, nais, avoas...Con esta actividade promovemos o exercicio, o respecto pola natureza, o esforzo en equipo, o coñecemento da contorna...

Aquí vos deixo algúns momentos da xornada. Xa sabedes que na galería de fotos hai máis e outras que irán aparecendo a medida que as vaiamos reunindo.

Distribuir contido