Obradoiros

OBRADOIRO CAMISETAS

O alumnado de infantil elaborou unhas coloridas e fermosísmas camisetas nun dos obradoiros realizados dentro da XIV Semana Cultural.

OBRADOIRO DE PORTALIBROS

As nenas e os nenos de 4º, 5º e 6º realizaron un obradoiro de portalibros. A partires de goma eva e moita imaxinación confeccionaron uns fermosos, útiles e coloridos portalibros. Actividade enmarcada dentro da XIV Semana Cultural.

OBRADOIRO DE XABÓN

XOGO DE PISTAS

As clases divididas en equipos tiñan que unir esforzos para resolver unha serie de probas. Todas elas xiraban en torno á procura de información na nosa eiruga das palabras e tamén sobre a vida e obra do autor homenaxeado neste ano das Letras Galegas 2015: X. Filgueira Valverde.

OBRADOIRO DE CESTERÍA II

O alumnado do 2º ciclo rematou os cestos comezados no obradoiro realizado na Semana Cultural. Agora, para finalizar o labor decoramos con flores para elaborar uns fermosos centros.

 

OBRADOIRO DE IMÁNS

O alumnado do 1º ciclo realiza un obradoiro de imáns  dentro das actividades da Semana Cultural.

 

OBRADOIRO DE XABÓN

O alumnado do 3º ciclo realizou un obradoiro de xabón dentro das actividades da Semana Cultural.

 

OBRADOIRO DE CESTEIRÍA

Do 12 ao 16 de maio celebramos a XIII Semana Cultural. Hoxe realizou o 2º ciclo un obradoiro de cestos grazas á colaboración de ADIBISMUR de A Serra de Outes, que un ano máis colaborou nesta estupenda actividade.

 

DECORAR BOLSAS

Aquí vos deixamos algunhas fotos máis das fermosas bolsas que decoraron os nenos e as nenas de 1º. Gracias Santi!

 

 

XI SEMANA CULTURAL: OBRADOIRO CESTOS

O alumnado de 5º elaborou unhas preciosas cestas, a partires de caixas que forraron con papel pinocho. Aquí podedes ver o resultado. Obradoiro de cestas

Distribuir contido