1º e 2º de Ed. Primaria

O ALUMNADO DO 1º CICLO VISITA AS FERVENZAS DO RÍO BAROSA

O martes, 6 de maio,  o alumnado do 1º ciclo viaxa ata o concello de Barro para visitar e gozar das fermosísimas paisaxes que ofrecen as fervenzas do río Barosa e a súa contorna. Observaron o funcionamento dun muíño e dun forno de leña. Degustaron un almorzo e participaron nun obradoiro de pan.  FOTOS NA GALERÍA

O 1º CICLO VISITA NOIA

O alumnado do 1º ciclo realizou unha visita a vila de Noia. Acompañados de titoras e titor e facendo as funcións de guía Vanesa,  a profe de relixión,  xa que coñece ben estas terras.  Visitaron o casco antigo de Noia pasando por:  a Praza do Tapal, da Fanequeira, a rúa do Comercio, ...a igrexa de Santa María na que viron as laudas gremiais. Logo, desprazáronse ata a Casa do Mar: o encargado da charla informativa púxolles a  funcionar o motor dun barco, faloulles das partes e pezas das embarcacións. Tamén tiveron nas súas mans restos fósiles como a mandíbula dun tiburón e a espada do peixe espada,... Estaba prevista a visita a uns muíños, pero o mal tempo fixo que houbese cambio de plans....  E ALÁ SE FORON A PRAZA DE ABASTOS A TOMAR CHOCOLATE CON CHURROS! QUE LARPEIROS/AS!

 

Distribuir contido