Celtia Figueiras a autora de ULA LÚA? representou este fermoso conto ao alumnado de infantil, a través de MONICREQUES e de distintas paisaxes: o xardín, o parque,..Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.
Unha historia sobre o amor, a familia e a amizade, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade. PARABÉNS, FERMOSA HISTORIA!
O colexio, dentro da súa programación de actividades de cara ó fomento dunha vida saudable e unha alimentación equilibrada participa na acción proposta pola Consellería de Medio Rural e do Mar e coordinada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco dos Plans Proxecta. Do 11 ao 22 de febreiro de 2019, levouse a cabo a degustación DA FROITA FRESCA NO COLEXIO.: mazás, plátanos, mandarinas, fresas, plátanos,..