2º ciclo

O ALUMNADO DO 2º CICLO REALIZA UNHA SAÍDA CULTURAL

O alumnado do 2º ciclo realizou o martes 8 de abril a viaxe cultural do segundo trimestre. Pola mañá achegámonos ao Museo de Pontevedra para realizar a actividade: "Vendo, ollando, mirando". O alumnado en  grupos convertéronse en auténticos críticos de arte. A partires dun cuestionario e a través do diálogo e a posta en común ían observando un cadro. Para concluír cada grupo expoñía as súas pescudas aos demais compañeiros/as.

Pola tarde achegámonos ao río Barosa no concello de Barro. Un precioso e bucólico lugar con paisaxes marabillosas, augas tranquilas, muíños e unha fermosa catarata. Aquí realizamos varias actividades guiadas: visita e explicación a un muíño de auga e a un forno de leña. Posteriormente, realizaron un obradoiro de amasado de pan, para rematar merendando zume, chocolate, galletas e magadalenas. EXCURSIÓN MOI INTERESANTE!

 

CHEGOU A PRIMAVERA?

A primavera xa chegou!!!! É por iso que o alumando do 2º ciclo decora de vivas cores os corredores.

O ALUMNADO DO 2º CICLO VISITA CARTOGAL

Nenas e nenos de 3º e 4º xunto coas titoras visitan a fábrica de Cartogal no polígono industrial "A Tomada" de A Pobra do Caramiñal. Resultou moi interesante coñecer unha serie de procesos de elaboración de papel, cartón e caixas. Vimos o funcionamento de varias máquinas que expresamente as apagaron e volveron a acender para que visualizásemos todo o proceso. Queremos agradecer ao persoal encargado e aos traballadores polas medidas de seguridade que adoptaron e as explicacións ao alcance do noso alumnado.

 

O 2º CICLO VISITA A EXPOSICIÓN "Orinoco, viaxe a un mundo perdido"

O alumnado de 3º  e 4º de primaria realizaron unha saída cultural a Santiago. Alí visitaron a exposición "Orinoco. Viaxe a un mundo perdido": unha das rexións máis salvaxes, inaccesibles e máxicas do planeta para descubrir a vida e a cultura das doce etnias que habitan a conca do terceiro río máis caudaloso da terra. O alumnado introdúcese na selva amazónica por camiños  cheos de mitos, maxia e sortilexios a través das 1.135 pezas das tribus De’áruwa (Piaroa), Ye’kuana, Yanomami, Híwi (Guahibo), E’ñepa (Panare), Wakuénai (Curripaco), Baniva, Baré, Puinave, Warekena, Tsase (Píapoco) e Hoti...recompiladas durante máis de trinta anos de exploracións. Un percorrido que se completa con música cerimonial,  xoias, adornos, debuxos corporais, embarcacións, útiles domésticos, instrumentos musicais... e toda clase de ritos personificados na figura do chamán. Por último, realizaron un obradoiro nun recuncho moi confortable da selva amazónica.

PARA VER MÁIS FOTOS ENTRA NA GALERÍA. 

FLORES NO SEGUNDO CICLO

Flores e máis flores! No segundo ciclo estamos practicando a elaboración de distintas flores partindo de papel de seda e papel pinocho. E a verdade que nos están quedando moi fermosas xa que a profe Conchita  dalle  un pequeno retoque...

 

VIAXAMOS A PONTEVEDRA

Hoxe, 18 de marzo, o alumnado de 3º, 4º e 5º realizamos unha visita cultural a cidade de Pontevedra. Primeiro visitamos o Salón do Libro. "A toda máquina" é o título elixido este ano. Foi unha visita guiada onde o monitor nos foi dando moita información en torno ao tema. Logo, realizamos unha visita guiada pola parte antiga de Pontevedra: a praza da verdura, a praza da leña, a dos ferreiros, ...restos da muralla, ...a historia do loro Ravachol

 

EXCURSIÓN 2º CICLO: O GROVE

As nenas e os nenos de 3º e 4º de primaria realizaron a excursión final de curso a O Grove. Nada máis chegar aproveitan para pasear polo porto e coñecer a contorna. Logo a bordo dun barco achéganse ás bateas de cultivo de mexillóns, ostras e vieiras. Aquí reciben unha serie de explicación relacionadas co proceso de encordado e cría. Logo, seguen percorrido e poden ver o fondo mariño, observando o plancto, algas, peixes...Ao rematar, e agora nun tren turístico percorren o Grove chegando ata A Toxa. Para rematar merecido xantar e xogos.

ALUMNADO DO 2º CICLO VISITA O PAZO DE GOIÁNS

E seguimos coñecendo a nosa contorna. Neste caso, o alumnado do 2º ciclo visita o Pazo de Goiáns. Grazas ás explicacións dunha guía que fixo que a visita resultase moi  didáctica.

 

ALUMNADO DE 2º CICLO VISITA PORTOSÍN E OS CASTROS DE BAROÑA

O alumando do 2º ciclo visita Portosín. Aquí unha guía conduce a excursión visitando un barco, unha fábrica de xeo, a lonxa e as instalacións da subasta do peixe. Seguen percorrido e chegan ata Castros de Baroña. Nesta fermosa paixase observan as distintas partes do castro, facendo alusión as distintas clases sociais que poderían vivir nel e o lugar do castro destinado a vivir  segundo a clase social. Tamén lles comentaron que antigamente existía unha ponte para  non quedar illados cando a marea subía.

MÁIS FOTOS NA GALERÍA

 

Distribuir contido