Encontros con autores/as

XULIO CUTIÉRREZ VISITA A BIBLIOTECA AVELAIONA LUÍÑA

 O escritor  boirense XULIO GUTIÉRREZ achegouse á biblioteca para presentarnos o seu último libro "VIAXEIROS" da colección Animais extraordinarios. Encontrouse co alumnado de 3º a 6º ao que lles contou moitas curiosidades de  animais que emigran. Ademais foi moi interesante a exposición que lles realizou do programa informático que emprega o ilustrador deste libro, Nicolás Fernández, ata chegar as espectaculares ilustracións que nos podemos atopar.

PABLO NOGUEIRA VISITA AO ALUMNADO DE 1º E 2º

Pablo Nogueira visitou a nosa biblioteca para atoparse co alumnado de 1º e 2º de primaria. Despois de ler o seu libro "NUBE BRANCA" , o alumnado tiña moito interese en coñecelo e falar da fermosa historia que narra no seu libro. As nenas e os nenos agasallárono cun fermoso mural colectivo situado na entrada da biblioteca e con fermosas plumas de indios  nas súas cabezas.  MOI ORIXINAL.

CELTIA FIGUEIRAS CO ALUMNADO DE INFANTIL

Celtia Figueiras a autora de ULA LÚA? representou este fermoso conto ao alumnado de infantil,  a través de MONICREQUES e de distintas paisaxes: o xardín, o parque,..Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa  nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.
 Unha historia sobre o amor, a familia e a amizade, onde valores como a  tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade. PARABÉNS, FERMOSA HISTORIA!

ENCONTRO DE HÉCTOR CAJARAVILLE CO ALUMNADO DE 5º E 6º

O alumnado de 5º e 6º vén de ler o libro KUSUMA do autor Héctor Cajaraville. Como broche final a esta lectura e diferentes actividades levadas a cabo en torno ao libro, recibimos na biblioteca a visita do autor.

MARÍA CANOSA VISITA A BIBLIOTECA

O alumnado de 3º e 4º tivo un encontro coa escritora María Canosa. O tema central desta visita foi o seu libro " A CAZADORA DE ESTRELAS" que o alumnado estivo lendo. Un tema moi interesante e relacionado co Proxecto da biblioteca. O alumnado realizou marcadores coa protagonista da historia: Megumi, coas súas inseparables estrelas e as frechas de cor lila. Agasallaron a autora cun marcador. María Canosa deixou a súa adicatoria no libro de visitas da biblioteca e en cada libro do alumnado. Parabéns, por transmitirnos estas emocionantes historias na nosa lingua

O AUTOR MARCOS CALVEIRO VISITA O CENTRO

O alumnado de 5º e 6º traballou a obra de Marcos Calveiro: PALABRAS DE AUGA. Emocionante  historia de Amadou, o neno protagonista desta novela que nos traslada ao interior de África, a un deses lugares onde a eterna sequía e a guerra máis cruel condicionan a vida de todos. Estupendo mural realizado polo alumnado de 6º B no que contan e ilustran esta apaixonante historia. PARABÉNS!

ENCONTRO CO ESCRITOR ANTONIO MANUEL FRAGA

  O autor do libro "O castañeiro de abril" , Manuel Fraga,  estivo no noso centro para manter un encontro co alumnado do 3º ciclo. Estes alumnos e alumnas realizaron varias actividades en torno á historia narrada neste entrañable relato. Para ver máis fotos entra en ...

http://bibliotecacespon.blogspot.com.es/2014/04/o-castaneiro-de-abril.html

Distribuir contido