Samaín

FESTA DAS CABAZAS

Grazas ás familias puidemos celebrar a festa das cabazas. O alumnado entre o luns e o martes trouxo unhas fermosas cabazas decoradas e cunha candea dentro. O martes pola tarde, despois da degustación das sobremesas, colocamos as cabazas na entrada ao centro e acendémolas. Coa cerrada da noite escintiliban na escuridade. As familias, nenas, nenos e profesorado gozamos dunha apracible e terrorífica noite de Samaín, plasmada no alumear das candeas e nos terroríficos disfraces dos/as participantes.

 
 
 
 

SOBREMESAS SAMAÍN 2017


O alumando das distintas titorías elaborou sobremesas de Samaín para degustar pola tarde, na compaña das familias,  cando se realizase o acendido das cabazas. Algunhas outras sobremesas foron aportadas polas familias. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!

 

SOBREMESAS SAMAÍN 2016

Ademais de exposición de cabazas e outras actividades relacionadas co Samaín, cada aula elaborou unha terrorífica sobremesa de Samaín. Logo compartímolas e degustámolas todas e todos no patio, xunto coas familias que nos puideron acompañar nesta soleada mañá do mes de outubro. RIQUISÍSÍSÍSSÍSÍMAS!!!!
 

SAMAÍN 2016

Podedes gozar da gran mostra de cabazas que o alumnado e as súas familias aportaron para a exposición do Samaín. Moitas delas seguiron a temática do Proxecto Anual da Biblioteca, outras foron deseñadas seguindo outras temáticas. Sen dúbida, todas elas con moito traballo e cargadas de imaxinación. MOITAS, MOITAS GRAZAS, FAMILIAS! a vosa axuda é fundamental neste tipo de celebracións.
 
 
 
 
 

SAMAÍN 2015: FESTA DAS CABAZAS

Grazas á colaboración das familias puidemos levar a cabo unha gran e orixinal exposición de cabazas. Grandes ideas, imaxinación desbordante...Moitas das cabazas estaban decoradas seguindo a liña do Proxecto Anual da biblioteca (A cociña): cociñeiros, tomates, pementos, monstruos-comegalletas,... UN ANO  MÁIS ...MOITAS GRAZAS,  FAMILIAS!!!!
 

PORTAS MOSNTRUOSAS

Mamasiño que medo! As portas das aulas transformáronse en monstruos para festexar o Samaín!!!!!!!
 
 
 
 

SOBREMESAS SAMAÍN, 2015

O alumando de cada titoría,  desde os máis cativos ata 6º de primaria,  realizou sobremesas terroríficas de Samaín. Pola tarde, ao rematar a sesión de titorías, tivo lugar a degustación das sobremesas coas familias. Con posterioridade realizamos a acendido das cabazas no patio cuberto da centro, xa que a chuvia estivo acompañándonos.

CABAZAS SAMAÍN 2014

GRAZAS FAMILIAS POLA GRAN COLABORACIÓN. SEN A VOSA AXUDA ESTA CELEBRACIÓN NO SERÍA POSIBLE! GRAZAS POLO DERROCHE DE IMAXINACIÓN, TRABALLO E ESFORZO!

SOBREMESAS DE SAMAÍN

Hoxe tivemos un día moi atarefado: elaboramos sobremesas de Samaín. Cada curso preparou unha terrorífica sobremesa. Logo, reunímonos cada ciclo e compartímolas. Todos e todas traballamos arreo. Emilia, coordinadora de Normalización encargouse de que todo estivese estupendamente organizado. O alumnado  de 1º curso confeccionou uns fermosos gorros de cociñeiros e cociñeiras. BO PROVEITO!

 

...........E OS GAÑADORES SON.....

Distribuir contido