Pequenos/as artistas

NADAL EN TERCEIRO: FLORES DE PASCUA, POSTAIS, ÁRBORES,...

O alumnado de 3º de primaria realizou un laborioso traballo de pregado de papel para confeccionar unha colorida árbore de Nadal. Partindo tamén do pregado de papel realizaron flores de Pascua. Parabéns, nenas e nenos!
Se queredes visualizar as fotos en grande, cliqueades na parte inferior dereita no cadrado.
 

NA PRIMAVERA...FLORES MULTICOLORES


O alumnado de 4º realizou unhas coloridas flores. A técnica foi o plegado de folios de cores para realizar os pétalos de cada flor. A primeira toma de contacto da elaboración dos pétalos foi un pouco complexa. Logo, unha vez feitas varias prácticas, resultou moi doado. É de destacar o espírito de colaboración, onde o alumnado que antes manexa a técnica lle bota un man aos que o precisan. PARABÉNS!

 
 
 
 

TESTOS CON MATERIAL DE REFUGALLO


O alumnado de 4º dentro das actividades do Proxecto voz Natura realizou uns coloridos testos a partires de botellas de plástico. Unha vez impermeabilizadas e  pintadas, as botellas foron decoradas con follas, corazóns, trevos,.... Logo,  realizouse un debuxo de coello ou osiño para pegar na botella. Unha vez rematada a manualidade procedemos a plantación de bulbos de tulipáns. Durante as vindeiras  semanas continuaremos observando e anotando as  distintas fases do  proceso que se vaian realizando: regas, momento de agromar, floración,... 

MURAL OUTONO

Un ano máis seguimos dentro do Proxecto Voz Natura. Comezamos coa primeira das actividades colectivas: a realización dun mural de outono con materiais de reciclaxe. Á entrada do centro aparecen ourizos, caracois, abellas, xoaniñas, acios de uvas, ...feitos a partires de froitos da época e de materiais de refugallo.

 

DÍA DO LIBRO 2015

O 23 de abril celebramos o día do LIBRO. Realizamos marcapáxinas para enviar ás familias, decoramos lapis con adhesivos no que aparecía a data 23 de abril e a mascota Luíña. Tamén deseñamos a portada do libro que nos gustaría escribir.  As técnicas empregadas foron variadas, pero o resultado final, moi fermoso. PARABÉNS NENAS E NENOS! FELIZ DÍA DO LIBRO E FELICES LECTURAS!

MANUALIDADES CON CEBOLAS

O alumnado de 6º realizou estas orixinais manualidades a partires de cebolas. PARABÉNS!

AS NOSAS MASCOTAS

Os nenos e nenas de 4º realizaron unhas simpáticas mascotas a partires de cascas de noces: arañas, coellos, bufos, ratiños e tartarugas. NORABOA, ARTISTAS!

ANIMAIS CON FOLLAS DE OUTONO

O alumnado de 4º de primaria elaborou uns orixinais animais a partires de follas outonais. PARABÉNS!
 

BOLBORETAS EN SEGUNDO

O alumnado de 2º realiza unhas fermosas bolboretas con plastilina, cartolina e moita imaxinación. OBSERVÁDEAS!

CHEGOU A PRIMAVERA?

A primavera xa chegou!!!! É por iso que o alumando do 2º ciclo decora de vivas cores os corredores.

Distribuir contido