Recomendámosche

CANTAROLA DOS NENOS

Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Realizamos murais colectivos, poemas, lecturas pola paz, presentacións con fotos do alumnado realizando cos seus corpos corazóns, símbolos pacifistas, abrazos, ...reunímonos no punto de encontro A BIBLIOTECA  e cantamos. Déixosvos unha mostra "Cantarola de nenos" poema de Neira Vilas e Anisia Miranda

 

 

 

CINE EN 6º

O alumnado de 6º comezou unha sesión de cine coa visualización da primeira película: Temple Grandin. Aquí podedes atopar todos os datos técnicos da película, así como o argumento, temas paralelos nos que investigaron e as opinións persoais.

GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN

O remate do curso está ao caer. Queremos aproveitar para desexarvos un estupendo verán. Merecédelo! E tamén aproveitamos para deixarvos uns títulos de lecturas para que sigades entreténdovos, informándovos...e gozando un montón.

 

ANO NOVO, NOVOS FONDOS

Os Reis magos coa chegada do ano novo deixaron na nosa biblioteca novos fondos musicais.

 

O CADERNO AZUL

O alumnado de 5º segue co seu club de lectura. Primeiro foi "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure; agora "O caderno azul" de An Alfaya. Pincha aquí para ler algúns traballos elaborados.

CLUB DAS CIENCIAS

Viaxa con Helena e Martiño. Da man do señor Viramontañas coñeceredes paisaxes, o corpo humano,... Fíxate no experimento que aparece ao final de cada libro.

COLECCIÓN PIZCA DE SAL

Con esta colección vivirás fantásticas e divertidas historias. Ao mesmo tempo poderás repasar matemáticas, lingua e coñecemento. Atrévete coas fichas de comprensión que veñen ao final de cada libro.

PALABRAS DE CARAMELO

O alumnado de 5º levou a cabo o primeiro club de lectura. O libro elexido: "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure. Recomendan este libro tanto para pequenos como para adultos. A súa lectura serviulles para ampliar información acerca doutros temas: Aminatu Haidar, activista que loita pola independenza dos saharauis; o alfabeto Braille...

CHEGA BAT PAT!

Bat Pat e os seus amigos faranche pasar momentos de intriga, suspense e moita, moita  acción. Anímate e déixate acompañar destes divertidos personaxes.

LUÍÑA SEGUE DE VACACIÓNS

Luíña, a mascota da nosa Biblioteca segue de  vacacións. Xoga, voa,  vaia a praia, toma xeados ... e  aproveita parte do seu tempo libre lendo. Como sabe que os nenas e as nenas do cole xa teñen gañas de vela envíanos esta postal.

Distribuir contido