3 anos

EXCURSIÓN ALUMNADO DE INFANTIL

O alumnado de infantil xunto coas súas titoras realiza a excursión fin de curso a Cambados. Visitan e percorren as instalacións de "Chiquipán, boutique do pan". Primeiro escoitan moi atentos as explicacións do proceso de fabricación do pan. A continuación, eles mesmos se poñen coas mans na masa para elaborar un rico boliño de pan e un apetitoso corissant. Logo, toca repoñer forzas: comida e máis tarde xogos nun parque de bólas. Un día agotador. Aquí vos deixo algúns dos momentos vividos, pero  podedes acceder á galería de fotos e ver máis.

O ALUMNADO DE INFANTIL VISITA BOIRO

O alumnado de infantil acompañado das titoras e de dúas profesoras máis, Vanesa e Olivia, visitaron Boiro. Primeiro, foron recibidos no Concello polo teniente alcalde, xefe da policía local e o concelleiro de educación que lles ensinaron algunhas das distintas dependencias do edificio. Logo, na Praza de Galicia tiveron a oportunidade de ver e subir a un camión de bombeiros, a un coche de Protección Civil, a unha lanza zodiac,...Despois, acudiron ao mercado, percorrendo os distintos postos de peixe, carne, verduras,...Con posterioridade, achegáronse ata A Cahada onde tomaron a merenda, para despois visitar a Biblioteca Municipal e a emisora de Radio-Boiro, onde foron entrevistados polo locutor. Sen dúbida, unha mañá cargada de experiencias!

XI SEMANA CULTURAL: XOGO DE PROBAS

Os máis peques do cole tamén fixeron xogos de probas. Aquí unha pequena mostra das súas habilidades.

 

A PRIMAVERA CHEGA DA MAN DA POESÍA A INFANTIL

Aquí vos deixamos moitos traballos do alumando de infantil: poemas, flores, paxariños, caracois, abellas, ...a primavera  xa chegou ás aulas e aos corredores.

 

INFANTIL VIAXA A ÁFRICA

INCRIBLE! As aulas e os corredores de infantil cada día aparecen con máis colorido. O alumnado da man das súas profes recrean instrumentos musicais, xentes, vivendas, máscaras...da cultura africana. Mirade, canta arte!

 

Distribuir contido