Alumnado

PREPARAD@S, LIST@S....

O alumnado de 6º xa está "mans a obra" preparando a primeira das súas actividades. En breve saberemos que fixeron Sabela, Noa, Manuel e Andrea con todos eses tapóns de plástico de cores. PARABÉNS POLO VOSO ESFORZO!

VISITA A CASA DAS CIENCIAS



VIAXE CULTURAL A CORUÑA

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º viaxou Á Coruña para visitar a CASA DAS CIENCIAS (PLANETARIO) e a Casa do home (DOMUS). Esta saída estivo promovida desde o Equipo da Biblioteca dado a temática deste curso: O UNIVERSO. O alumnado puido gozar de dous museos onde está "PROHIBIDO NON TOCAR". Foi un achegamento lúdico á ciencia.

FOTOS DOMUS

PAKOLAS NA BIBLIOTECA

Paco Cerdeira, ou Pakolas, nome co que se presenta ante o público infantil, é músico e compositor, e defínese como rockeiro e guitarreiro, creando música para todos os públicos, desde os máis pequenos ata familias ao completo; “música para todos e todas e letras adaptadas aos máis pequenos”.

Que sorte que estivese na nosa biblio,  xa que pasámolo moi ben cos seus ritmos. Dar as grazas a ANPA pola axuda proporcionada para levar a cabo  esta actividade musical.

Distribuir contido