Outras actividades

COLABORADORES/AS NA BIBLIOTECA

Os Reis Magos trouxeron uns petos aos colaboradores/as da biblioteca. Agora, toca traballar: coidar a orde nos estantes, axudar aos máis pequenos, levar novidades ás aulas, ...UN MONTÓN DE TAREFAS! Pero David, Alba e Adriana están encantados coa súa labor.

CINE EN 6º

O alumnado de 6º comezou unha sesión de cine coa visualización da primeira película: Temple Grandin. Aquí podedes atopar todos os datos técnicos da película, así como o argumento, temas paralelos nos que investigaron e as opinións persoais.

SIMULACRO NO COLEXIO

O venres ás 11:15 horas a sirena do centro deu un toque distinto ao habitual. Non paraba de soar. Todos e todas entendemos que se trataba de evacuar o colexio o máis axiña e ordenado posible. Cada clase sabe que escaleiras debe usar, e o profesorado ten que asegurarse de que ningún alumno/a quede dentro. Por iso, nada máis chegar ao patio cada titor/a comproba que o número de alumnos/as sexa o correcto. PERO FALTABA UNHA ALUMNA! Estaba na aula de música e os bombeiros tiveron que sacala nunha padiola. O corredor da planta da entrada estaba cheo de fume. MENOS MAL QUE SE TRATABA DUN SIMULACRO. Achegáronse ao centro Protección civil, bombeiros e Policía local. Pasado o susto, e unha vez que os bombeiros realizaron as súas tarefas dentro do colexio e observaron o xeito no que fixemos o desaloxo, amosáronnos o material de traballo e puidemos subir aos camións.

O MUNDO ÁRABE

O alumnado do 3º ciclo segue buscando información sobre o mundo árabe. Neste mural podemos ver o mapa dos países islámicos xunto coas súas respectivas bandeiras e diversos conceptos relacionados con esta cultura. Observade a orixinal idea de presentación (a modo de cadros) dos vocablos traballados e ilustrados.

O ALMNADO DO 3º CICLO LIMPA A PRAIA

É o alumnado do 3º ciclo o que comeza co proxecto de limpeza das nosas praias. Nesta ocasión, achegáronse a praia de Carragueiros en Cabo de Cruz. Alí, puideron comprobar a cantidade de lixo que había. Boa proba do seu gran traballo foron os sacos e sacos de lixo que estiveron recollendo. Nas vindeiras semanas, seguirán coa recollida o alumnado dos restantes ciclos. Dende aquí a comunidade educativa do C.E.I.P. Cespón pedimos para todos e todas máis responsabilidade e compromiso co Medio Ambiente.

 
Distribuir contido