Outras actividades

O ALUMNADO DO 1º CICLO LIMPA A PRAIA

O alumnado do 1º ciclo acompañado das titoras e titores viaxa a praia para realizar unha xornada de recollida de lixo. Esta actividade está enmarcada dentro do programa Voz Natura no que o noso centro participa. Moi importante o labor realizado así como a concienciación de cara ao coidado e respecto polo medio ambiente.

MÁIS FOTOS NA GALERÍA

O ALUMNADO DE INFANTIL LIMPA A PRAIA

O alumnado de infantil acompañado polas titoras, a coordinadora de ciclo e o profe de música saíron rumbo a praia para facer labores de recollida de lixo. Esta actividade está enmarcada dentro do Programa Voz Natura, no que o noso centro participa.  Con guantes e viseiras comezaron estes pequenos e pequenas unha gran labor de colaboración e respecto cara ao medio ambiente. Tamén houbo tempo para descansar, xogar e repoñer forzas coa merenda.

Ver máis fotos na GALERÍA

BOS DÍAS, PRINCESA

Para celebrar de xeito conxunto o premio acadado polo vídeo "Bos días,  princesa" , o venres 20 de decembro tivo lugar unha chocolatada con churros e con posterioridade realizouse a proxección do vídeo de xeito simultáneo en varias aulas e na biblioteca do centro. Ambas actividades estiveron abertas  ás familias. Visitounos tamén a TVG que realizou unha conexión en directo para o programa A Revista. Entrevistaron a Manuel Villar, artífice do proxecto e a Carla e Anxo, protagonistas principais desta tenra historia.

O NADAL A TRAVÉS DO GUSTO!

A profesora Emilia, unha vez máis foi a encargada de coordinar e de elaborar galletas e polvoróns para festexar a chegada do Nadal. Grazas ao forno donado pola ANPA e as mans do noso alumnado, tan maxistralmente dirixidas pola profe de inglés, elaboraron unhas exquisitas sobremesas. Foron pasando as distintas titorías, desde os maiores ata os máis peques do centro. Esa semana no colexio o recendo coábase por corredores, aulas...

 

OBRADOIRO DE CHAPAS

O xoves 20 de xuño, día anterior ás vacacións de verán tivo lugar no centro un obradoiro de chapas. Cada alumno/a podía realizar dúas chapas unha delas con deseño propio e a outra podía elixir entre distintos debuxos xa elaborados: seres mitolóxicos, letras do abecedario, personaxes de contos, series,...A profe Emilia, coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega,  foi a encargada de coordinar  a actividade, xa prevista para a Semana Cultural.

 

VIAXAMOS A PONTEVEDRA

Hoxe, 18 de marzo, o alumnado de 3º, 4º e 5º realizamos unha visita cultural a cidade de Pontevedra. Primeiro visitamos o Salón do Libro. "A toda máquina" é o título elixido este ano. Foi unha visita guiada onde o monitor nos foi dando moita información en torno ao tema. Logo, realizamos unha visita guiada pola parte antiga de Pontevedra: a praza da verdura, a praza da leña, a dos ferreiros, ...restos da muralla, ...a historia do loro Ravachol

 

ALBAHACA, ORÉGANO, CLAVEIS, ...SEMENTANDO NO INVERNADOIRO

Como moitos de vós xa sabedes o noso centro participa no Proxecto Voz Natura coordinado pola profesora Olivia. Conchita coordina as xornadas adicadas a sementar. Curso a curso, coa axuda dos titores e titoras imos pasando polo invernadoiro. Fixemos a primeira das tarefas: terra abonada, facemos un burato co dedo metemos a semente, tapamos, regamos...e agora a agardar que naza a planta. Bueno, non esquecerse de pasar a regar a miúdo porque dentro do invernadoiro fai moita calor.

 

COA CHEGADA DA PRIMAVERA ...COMEZAMOS A PLANTACIÓN

Unha vez que melloramos o espazo do invernadoiro e arredores, agora que xa comeza a mellorar un pouco o tempo, comezamos coa plantación de tomates, leituga, menta, cabazas de Santiago, albahaca, claveis, orégano, liches, centaurea ...seguindo as indicacións da profe Conchita e Olivia, fomos pasando os distintos cursos. Xa vos iremos informando de como van agromando e medrando. Mirade agora o primeiro dos procesos:

 

A PRENSA NA ESCOLA

o alumnado de 6º leva realizando ao longo do curso diversos e variados traballos coa prensa. Hoxe toca de novo, revisar e buscar a información precisa para opinar, responder a unhas cuestións plantexadas, ampliar información de temas traballados...Aquí volos deixo...SSSSSSSSSSS! Precisan silencio, so o ruído de pasar as follas curioseando as distintas seccións.

O CAPITÁN VERDEMÁN VISITA 2º

O superheroe da reciclaxe: "Capitán Verdemán" atópose na aula do alumnado de 2º de primaria. Da man deste personaxe o alumnado repasa a bibliografía do proxecto anual da biblioteca e recorda que facer e onde botar cada residuo que xeren na aula. COIDEMOS O PLANETA! NÓS PODEMOS!  

Distribuir contido