Outras actividades

SESIÓN DE TEATRO

O alumnado de 6º de infantil, 1º e 2º de primaria acudiu á Casa Ramón Matínez López de Boiro para ver "O Patiño Feo". Logo, o alumnado de 4º, 5º e 6º gozou da posta en escena da obra "A casa do avó". Unha entretida obra, pero cun desolador tema de actualidade: o desafiuzamento.

VIAXE ÁS ILLAS CÍES

Estupenda saída cultural e de lecer ás Illa Cíes. Viaxamos en autobús ata Vigo e alí collemos o barco cara ás illas. Ao chegar,  pequena merenda para repoñer forzas para a andaina que nos agardaba. O alumnado de 3º e 4º subiron ata a Pedra da Campá e o Mirador das Gaivotas. Os maiores (5º e 6º ) chegaron ata o Faro. Fomos acompañados dun monitor que nos foi explicando a fauna e a flora coa que nos iamos atopando, así como outras curiosidades. Ao rematar un bo bocata, xeado...e logo a xogar e refrescarnos nas cristalinas e frías augas da praia de Rodas. Xa de regreso,  tivemos unha gran sorpresa no barco: os monitores que nos acompañaran comezaron unha animación de cantar e bailar que non deixaron a ninguén co cu no seu asento. FANTÁSTICA XORNADA!

O ALUMNADO DE 4º E A SÚA PLANTACIÓN

O alumnado de 4º, despois de pintar e decorar macetas de barro, plantou tulipáns. Esta actividade está enmarcada dentro das actividades levadas a cabo dentro do programa Voz Natura, no que o noso centro participa desde fai xa varios anos.

E CHEGOU A PRIMAVERA...da man de VOZ NATURA

Aproveitando a chegada do bo tempo, os distintos cursos deixaron as aulas e realizaron unha sesión práctica no patio. Estiveron realizando unha gran plantación. Foi fundamental a axuda de Muñiz e Lola, a coidadora. O patio estará moi florido cando todas estas plantas xerminen e florezan. Xa estamos inquedos agardando.  

SAÍDA CULTURAL 3º E 4º DE PRIMARIA

O alumnado de 3º e 4º de primaria realizou unha saída cultural a Santiago de Compostela. Pola maña, percorremos as distintas salas do museo de Historia Natural: animais de varios países, de hábitats totalmente distintos...rochas e minerais, cortes de terreno, fósiles...Ao mediodía tomamos o xantar no restaurante universitario "Monte da Condesa". Xa pola tarde achegámonos ao MUPEGA (Museo pedagóxico galego) onde tiveron a ocasión de visualizar obxectos das escolas dos avós e realizaron xogos cooperativos. UNHA XORNADA MOI INTERESANTE E DE CONVIVENCIA!

XORNADA DE CONVIVENCIA

O alumnado do 2º ciclo realizou a última saída do curso. Nesta ocasión, unha xornada de convivencia na praia. Pasámolo xenial e aínda que auga estaba un pouco fría, non dubidamos en darnos uns bos chapuzóns. Tamén xogamos, fixemos construcións coa area, tomamos o sol...ATA O VINDEIRO CURSO, NENOS E NENAS! PASADE UN BO VERÁN!

 

OBRADOIRO DE CESTERÍA II

O alumnado do 2º ciclo rematou os cestos comezados no obradoiro realizado na Semana Cultural. Agora, para finalizar o labor decoramos con flores para elaborar uns fermosos centros.

 

O ALUMNADO DO 3º CICLO VISITA A CORUÑA

O alumnado do 3º ciclo desplázase ata a cidade de A Coruña para visitar a Casa dos Peixes, a casa das Ciencias e o Domus

NOVAS PLANTACIÓNS

o alumnado de 3º realiza unha plantación coa profesora Concha

 

Á ESPERA DA PRIMAVERA

O alumnado do 2º curso realiza unha plantación coa chegada do bo tempo.

 

Distribuir contido