PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS E VALES

De acordo ao calendario establecido para a convocatoria do FONDO SOLIDARIO de libros de textos e axudas para libros de texto e material escolar públicase a listaxe provisional de admitidos e excluídos. Pola protección de datos non podemos publicar dita listaxe neste medio, polo que deberedes consultala na secretaría do centro

Dispoñen de 2 días (ata o 30 de xuño) para presentar reclamacións (por escrito) ou solicitude de enmendas (por sede electrónica).

O 2 de xullo procederase á publicación das listaxes definitivas.

Disporán DENDE O 5 AO 9 DE XULLO, ámbolos dous incluídos, para recollida de vales (de Adquisición de material e/ou, de selo caso, merca de libros).

Todos aqueles vales non recollidos en xullo poderán recollerse a partires do 1 de setembro.

Un saúdo 

A dirección