Estimadas familias: achegamos info co segundo prazo de matrícula para este curso.
Pata calquera dúbida:
ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE BOIRO
NOVO CURSO 23-24
Horario de oficina
(luns,mércores, venres de 10 a 13:30h e martes e xoves de 20 a 21h)
Comezamos o luns 2 de outubro.
Novas solicitudes de inscripción a partIres do 15 deste mes
Tlf contacto: 669250643
Publicada a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B).
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).
Ao igual que en anos anteriores, a adxudicación vai en función da Renda Per Cápita da Unidade Familiar, lembrando que o teito das axudas está en 6000€ e 10000€ en cada un dos grupos. Con renda inferior a 6.000€ o importe do vale de material ascende a 75€ e o vale de libros a 240€, se fose inferior a 10.000€ corresponderíalle un vale de material de 60€ e de libros por importe de 160€. Os vales de libros soamente son para o alumando de 1º e 2º de primaria
DESTINATARIOS:
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
FORMA DE PRESENTACIÓN
DOCUMENTACIÓN
ENTREGA DE SOLICITUDES
PUBLICACIÓN DE LISTAXES
ENTREGA DE VALES:10 e 11 de xullo entre 11:30 e 13:30; ou a partir do 1 de setembro
ENTREGA DE LIBROS: a partir do 1 de setembro
Pola presente comunicamos que ACABAMOS de publicar as listaxes DEFINITIVAS de admitidos para o vindeiro curso.
A matricula formalizarase entre o 20 e o 30 de xuño. Achegamos a documentación que deberedes traer e os anexos a cumprimentar. Tamén os podedes recoller impresos na secretaría do centro.
Por motivo de proteción de datos unicamente se poden publicar dentro do recinto do centro, polo cal teredes que acercarvos para consultalas.
Así mesmo, podemos comunicar que todas as solicitudes presentadas obtiveron praza na listaxe definitiva.
Tamén estarán dispoñibles a través da aplicación informática admisionalumnado
(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
A dirección
Pola presente comunicamos que ACABAMOS de publicar as listaxes provisionais de admitidos para o vindeiro curso.
Por motivo de proteción de datos unicamente se poden publicar dentro do recinto do centro, polo cal teredes que acercarvos para consultalas.
Tamén estarán dispoñibles a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
Así mesmo, podemos comunicar que todas as solicitudes presentadas obtiveron praza na listaxe proivisonal.
A dirección
ABRE O PROCESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓn
Prazo de presentación de solicitudes desde o 1 ata o 20 de marzo (inclusive)
As familias poderán:
- Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado (Menú: Solicitudes – Admisión– Crear) e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).
- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial.
- Recoller os formularios no centro.
As familias deberán traer un documento que acredite a idade do alumnado a matricular (DNI ou libro de familia)
A dirección