PREMIOS CABAZAS SAMAÍN 2013

E aquí está a foto das tres cabazas máis votadas: 1º PREMIO para Martín Suárez de 5º de infantil , 2º PREMIO  para Álex Brión  de 6º de infantil e 3º PREMIO para Adriana Mariño de 5º de primaria. PARABÉNS ESPECIALMENTE A VÓS! Grazas unha vez máis familias, nenos e nenas, sen a vosa colaboración sería imposible montar unha exposición tan impresionante.

VOTACIÓN CABAZAS

Tras a votación das familias onte pola tarde, hoxe pola maná foi o alumnado e profesorado os que realizaron  a votación. Era moi difícil decidirse por unha soa CABAZA,  xa que  había preciosidades, verdadeiras obras de arte...Aquí vos deixo máis imaxes de cabazas,  das votacións, do reconto de votos...

 

CABAZAS, PANTASMAS, ARAÑAS, MORCEGOS...NO COLEXIO

A imaxinación, o traballo, o gusto pola participación ponse de manifesto nas familias do noso alumnado. Foron moitas as cabazas que o alumnado realizou nas súas casas coa colaboración dos pais e nais: científicos, morcegos, gatos, bólas do mundo, dinosauros, carrozas, paisaxes, meigas,...Observade que arte,... que minuciosidade nos detalles,... FANTÁSTICO! Grazas familias!

 

POSTRES SAMAÍN

O martes, 29 de outubro, véspera da celebración do Samaín, tivemos a visita das familias para realizar a votación das cabazas e ao mesmo tempo degustar as sobremesas que o alumnado realizará o mércores pola mañá. Aquí temos unha pequena demostración  terrorificamente saborosa!!!!!

 

PARA COÑECERNOS

PARA ACCEDER Á ANTIGA PÁXINA DO NOSO CENTRO, PULSA NA IMAXE

NOVOS CARNÉS DA BIBLIOTECA ESCOLAR

As nosas nenas e nenos van medrando e a nosa mascota Luíña tamén cambia...por iso xa era hora de facer unha renovación das fotos do noso alumnado nos seus carnés e da imaxe de Luíña. Mirade... chulos, eh!!!

AS NOVAS DE CIENCIA DO ALUMNADO DE 4º


O alumnado de 4º tras adicar varias sesións a traballar coa prensa nas clases e recompilar noticias científicas, preséntaas aos demais compañeiros e compañeiras na biblioteca Avelaiona Luíña.

 

PÁXINA WEB ANPA DE CESPÓN

Deixámosvos o enlace a   páxina web da asociación de nais e pais do C.E.I.P Cespón.

                    http://anpacespon.org/ 

Distribuir contido