ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE BOIRO

Estimadas familias: achegamos info co segundo prazo de matrícula para este curso.

Pata calquera dúbida: 

ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE BOIRO 

NOVO CURSO 23-24 

Horario de oficina

(luns,mércores, venres de 10 a 13:30h e martes e xoves de 20 a 21h)  

Comezamos o luns 2 de outubro.

Novas solicitudes de inscripción a partIres do 15 deste mes

Tlf contacto: 669250643

Fondo Libros e Axudas para Adquisición de Material

Publicada a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B).

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Ao igual que en anos anteriores, a adxudicación vai en función da Renda Per Cápita da Unidade Familiar, lembrando que o teito das axudas está en 6000€ e 10000€ en cada un dos grupos. Con renda inferior a 6.000€ o importe do vale de material ascende a 75€ e o vale de libros a 240€, se fose inferior a 10.000€ corresponderíalle un vale de material de 60€ e de libros por importe de 160€. Os vales de libros soamente son para o alumando de 1º e 2º de primaria

DESTINATARIOS:

  • Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º e 5º e 6º de Educación Primaria
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumando de 1º e 2º de EP
  • Axudas para adquirir material escolar: alumando matriculado en EP

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Abrangue dende o 20 de maio ao 21 de xuño de 2023, ambos incluídos.

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • Electrónica (Procedemento ED330B) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubrir os datos na aplicación (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), imprimir os Anexos I e II e presentalos no centro
  • Presencial: cubrir os Anexos I e II e presentalos no centro. 

DOCUMENTACIÓN

  • Anexo I
  • Anexo II
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.

ENTREGA DE SOLICITUDES

  • Para entregar presencialmente a documentación no centro farase na 1ª sesión, entre as 9:55 e as 10:50. Tamén poderán entregalas os martes pola tarde (17:30 e 19:30) 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES

  • Listaxes provisionais: 4 de xullo
  • Reclamación ás listaxes provisionais: 5 e 6 de xullo (2 días posteriores á publicación)
  • Listaxes definitivas: 7 de xullo

ENTREGA DE VALES:10 e 11 de xullo entre 11:30 e 13:30; ou a partir do 1 de setembro

ENTREGA DE LIBROS: a partir do 1 de setembro

ADMISIÓN 2023. LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Pola presente comunicamos que ACABAMOS de publicar as listaxes DEFINITIVAS de admitidos para o vindeiro curso.

A matricula formalizarase entre o 20 e o 30 de xuño. Achegamos a documentación que deberedes traer e os anexos a cumprimentar. Tamén os podedes recoller impresos na secretaría do centro.

Por motivo de proteción de datos unicamente se poden publicar dentro do recinto do centro, polo cal teredes que acercarvos para consultalas. 

Así mesmo, podemos comunicar que todas as solicitudes presentadas obtiveron praza na listaxe definitiva.

Tamén estarán dispoñibles a través da aplicación informática admisionalumnado

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

 

A dirección

PROCESO DE ADMISIÓN 2023. LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Pola presente comunicamos que ACABAMOS de publicar as listaxes provisionais de admitidos para o vindeiro curso.

Por motivo de proteción de datos unicamente se poden publicar dentro do recinto do centro, polo cal teredes que acercarvos para consultalas. 

Tamén estarán dispoñibles a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Así mesmo, podemos comunicar que todas as solicitudes presentadas obtiveron praza na listaxe proivisonal.

A dirección

RESERVA DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO

ABRE O PROCESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓn

Prazo de presentación de solicitudes desde o 1 ata o 20 de marzo (inclusive)

As familias poderán: 

- Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado (Menú: Solicitudes – Admisión– Crear)  e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial.

- Recoller os formularios no centro. 

As familias deberán traer un documento que acredite a idade do alumnado a matricular (DNI ou libro de familia)

A dirección

Distribuir contido