Fondo Libros e Axudas para Adquisición de Material

Publicada a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B).

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Ao igual que en anos anteriores, a adxudicación vai en función da Renda Per Cápita da Unidade Familiar, lembrando que o teito das axudas está en 6000€ e 10000€ en cada un dos grupos. Con renda inferior a 6.000€ o importe do vale de material ascende a 75€ e o vale de libros a 240€, se fose inferior a 10.000€ corresponderíalle un vale de material de 60€ e de libros por importe de 160€. Os vales de libros soamente son para o alumando de 1º e 2º de primaria

DESTINATARIOS:

  • Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º e 5º e 6º de Educación Primaria
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumando de 1º e 2º de EP
  • Axudas para adquirir material escolar: alumando matriculado en EP

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Abrangue dende o 20 de maio ao 21 de xuño de 2023, ambos incluídos.

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • Electrónica (Procedemento ED330B) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubrir os datos na aplicación (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), imprimir os Anexos I e II e presentalos no centro
  • Presencial: cubrir os Anexos I e II e presentalos no centro. 

DOCUMENTACIÓN

  • Anexo I
  • Anexo II
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.

ENTREGA DE SOLICITUDES

  • Para entregar presencialmente a documentación no centro farase na 1ª sesión, entre as 9:55 e as 10:50. Tamén poderán entregalas os martes pola tarde (17:30 e 19:30) 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES

  • Listaxes provisionais: 4 de xullo
  • Reclamación ás listaxes provisionais: 5 e 6 de xullo (2 días posteriores á publicación)
  • Listaxes definitivas: 7 de xullo

ENTREGA DE VALES:10 e 11 de xullo entre 11:30 e 13:30; ou a partir do 1 de setembro

ENTREGA DE LIBROS: a partir do 1 de setembro

AdxuntoTamaño
anexo I.pdf1.61 MB
anexo II.pdf990.22 KB
orde doga.pdf1.16 MB
extracto doga.pdf435.83 KB