Meteoescolas

Ralización de Paipais

No mes de maio, coa entrada do bo tempo en Ourense, realizamos na área de plástica uns estupendos paipais que nos axudaron a soportar un pouco mellor as altas temperaturas rexistradas.

Taboleiro de meteoroloxía

No mural de meteoroloxía o alumnado de 3º de Ed. Primaria é o encargado de actualizar e manter as novas relacionadas co proxectos de Meteoescolas que se está a desenvolver no noso centro.

It depens on the weather

IT DEPENDS ON THE WEATHER

Todo depende do tempo? Parece ser que si. Na área de inglés aprendemos que o tempo varía dependendo da estación do ano. E que a roupa que levamos ten moito que ver se chove, vai sol, neva ou hai treboada.

Por eso preparamos un libro no que amosamos as prendas que levamos segundo a estación do ano e o tempo. “A weather fashion show”.

Pero non todo vai ser moda no mundo da meteoroloxía. Se queremos levar unha vida ben saudable, nada mellor que comer froita de tempada, fruit in season, que dirían os ingleses. E así loce o noso mural das estacións e as froitas de tempada.

Agradecémoslle á Melissa, a nosa auxiliar de conversa a súa colaboración neste proxecto no que o tempo manda.

Meteorólogos do Sueiro

O equipo de meteorólogos do Sueiro explícanos a composición do aire, a formación de nubes e o tipo de precipitacións máis abundantes que hai na nosa zona.

Para elo, traballaron cunha metodoloxía "maker" na que eles foron quen de dar solucción ao reto proposto que consistía en crear un programa audiovisual informativo sobre meteoroloxía entre todo o grupo de 4º de Ed. Primaria.

GALERÍA DE IMAXES

 

Lecturas meteorolóxicas

Na Hora de Ler, utilizando a prensa, comentábanse se era o caso noticias sobre fenómenos atmosféricos relevantes sufridos na nosa comunidade.

Sempre fixemos fincapé, cando liamos calquera conto, poesía... aquilo que facía mención o estado do tempo.

Centrámonos neste curso para o estudo da meteoroloxía nos libros enviados pola AEMET:

  • LA  ATMÓSFERA
  • LA LUZ
  • EL VIENTO
  • LA PRESIÓN
  • EL NIÑO
  • LOS INSTRUMENTOS
  • EL AGUA

Carta á Raiña da auga

No mes de marzo, coincidindo co semana da metereoloxía, elaboramos un cunha carta que achegamos á Raiña da auga.

Asemade, aproveitamos a semana da poesía para traballar a composición de versos e estrofas relacionadas coa metereoloxía.

Con todos os poemas elaborados polo alumnado, realizamos un poemario.

 

 

Chove miudiño

Na semana do 23 de febreiro, na que se conmemora o Día de Rosalía, traballamos o seu poema Chove miudiño.

Unha vez memorizado, relizamos un mural que expuxemos no corredor da nosa aula e ilustrámolo cos meteoros que nel aparecen.

Proxecto Meteoarte

O proxecto desenvolvido ao longo do curso pasado, polo alumnado de 6ºde Ed. Primaria, dentro do programa de Meteoescolas, e titulado "Meteoarte", foi valorado polo xurado composto por membros da Consellería de Educación e de MeteoGalicia cunha calificación de "Programa de Excelencia".

Todos as actividades realizadas están reflectidas no blog "Meteosueiro" que manteñen os membros do equipo de metereoloxía.

Os nosos parabéns para todos e todas os compoñentes do Equipo de metereoloxía:

Have You Ever Seen The Rain

O alumnado de 6º de Ed. Primaria interpretou a canción de Rod Stewart: "Have You Ever Seen The Rain", como actividade do seu proxecto de metereoloxía preguntándose por qque hai calma antes da tormenta?

 

Decoración do recanto de meteoroloxía

O alumnado de Educación infantil decorou o recanto de meteoroloxía con varios traballos que foron realizando ao longo do curso.

 

Distribuir contido