O alumnado de 6º de Ed. Primaria elaborou un gran mural metereolóxico no recanto de metetereoloxía no que se traballou o vocabulario en ingles.
O alumnado de 6º curso elaborou un termómetro e comprobou en situ como se dilatan os líquidos ao elebar a temperatura.
O alumnado da aula de apoio recolleu ao lomgo de todo o curso os datos metereolóxicos nun calendario. Nei ían reflectindo o estado atmosférico de cada día.
Ao rematar o mes facían un reconto de todos os estados e reflexionaban sobre como foi o tempo dese mes.
A final de curso comparamos os valores dos estados atmosféricos dos diferentes meses.
O alumnado de 6º curso realizou ao longo de todo o ano bolas de neve seguindo a tecnica do artista ourensán Baldomero Moreiras, que no mes de febreiro visitou o noso cole.
Na seguinte galería temos unha mostra de parte deste estupendo traballo realizado con estas bolas de neve.
O profesorado do CEIP Manuel Sueiro, grazas á colaboración do alumnado de 6º curso de Ed. Primaria, vén de obter o recoñecemento polo traballo realizado "Aventúrate en el paraiso", dentro do PDI da biblioteca "Galicia arrecende a aventura" do curso pasado, ao ser os gañadores do concurso "100 años de Parque Nacionales, conservando la naturaleza juntos".
Relación de gañadores nas distintas modalidades:
Ligazón á nova na web do Ministerio de Agricultura:
Baixo o títlo de "Cando chove é un bo día" o alumnado de 6º curso traballou ao longo do curso no PDI da súa aula.
O título está inspirado nunha obra do pintor ourensán Baldomero Moreiras.
Para ambientar os corredores das aulas do primeiro andar, decoraron as portas cunha copia de dita obra.
Desde hai dous cursos o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e o alumnado da aula de apoio está a colaborar no control meteorolóxico da estación do noso cole.
Este é o equipo que dirixe este curso 2016/2017 o control da toma de datos da estación do Sueiro.
Desde o día 1 de outubro o esquipo de meteorólogos do Sueiro está a recoller os datos metereolóxicos do noso centro.
O alumnado de 5º curso infórmanos diariamente do tempo que fai no barrio de As Lagoas de Ourense, por medio do seu blog de meteoroloxía.
Nesta ocasión explícanos en inglés sobre o tempo meteorolóxico das Illas Cíes, xa que están a desenvolver un proxecto sobre ditas illas en relación ao PDI "Galiza arrecende a aventura" no que está a traballar todo o cole.