Septembro 2015

PLAMBE 2015/2016

Biblioteca escolar, base de exploraciónsUn ano máis o proxecto de biblioteca do noso centro foi moi ben valorado na convocatoria para o curso 2015/2016, cunha dotación económica de 900 € (seica hai crise), motivo que nos enche de gran satisfacción e que pon de manifesto a valía de todo o traballo realizado ao longo destes últimos anos desde a biblioteca do centro.

Moitos parabéns para toda a comunidade educativa, xa que a maioría de vós tendes que ver, unha vez máis, con este recoñecemento.

Para este curso o lema escollido pola Consellería de Cultura e Educación é o seguinte "Biblioteca escolar, base de exploracións".

Leo xa está deseñando o traballo que realizaremos ao longo do curso i en breve teremos noticias do mesmo.

Biblioteca escolar, base de exploracións

Explorando"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviará en breve a todos os centros públicos como reforzo das actuacións da biblioteca escolar e para apoiar a visibilidade dos seus recursos e das súas oportunidades de aprendizaxe.

A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO,  e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado.

Desde o Fogar de Leo, este curso traballaremos, no noso proxecto documental, seguindo estas directrices, e facendo de exploradores do noso entorno próximo… en breve darémosvos máis iformación sobre o PDI.

Encontros con autores

O próximo 2 de outubro contaremos coa presenza de Carlos Ruvalcaba e Belén Aramís Ceja, autores mexicanos, na nosa biblioteca. Con eles realizaremos un obradoiro de poesía.

Durante esta semana pescudaremos información sobre a súa vida e obra e traballaremos o conto de "La mariposa bailarina" de Carlos Ruvalcaba e o poema "Un sentido diferente" de Belén Aramís Ceja.

Premendo nas súas imaxes accederedes a súa ficha bibliográfica

Carlos
Belén Aramís Ceja Carlos Ruvalcaba

VI concurso internacional de poesía

Os días 2, 3 e 4 de outubro celebrouse en Ourense a VI edición do prestixioso encontro internacional de poesía que organiza o Círculo poético ourensán.

Na gala do día 3 de outubro estiveron presentes os gañadores do IV Concurso escolar de poesía, entre os que se encontra a ex-alumna do noso cole  CAMINO ALONSO FUENTE,  alumna de 6º de Primaria o curso pasado, que acadou nada menos que o segundo lugar co poema titulado “Ourense Terra amiga”.

La mariposa bailarina

 
O día 2 de outubro contaremos coa presenza de Carlos Ruvalcaba para a apertura da biblioteca neste novo curso.
El é o autor deste fermoso conto "La mariposa bailarina".
 

Lendas

Neste libro recollemos lendas populares traballadas na "Hora de ler" e na aula de apoio para mellorar a comprensión lectora do alumnado.

Asemade, tamén achegamos ligazóns a recursos que nos poden ser de utilidade para traballar na aula, estas lendas.

Esperemos que sexan do voso agrado...