Inglés

It depens on the weather

IT DEPENDS ON THE WEATHER

Todo depende do tempo? Parece ser que si. Na área de inglés aprendemos que o tempo varía dependendo da estación do ano. E que a roupa que levamos ten moito que ver se chove, vai sol, neva ou hai treboada.

Por eso preparamos un libro no que amosamos as prendas que levamos segundo a estación do ano e o tempo. “A weather fashion show”.

Pero non todo vai ser moda no mundo da meteoroloxía. Se queremos levar unha vida ben saudable, nada mellor que comer froita de tempada, fruit in season, que dirían os ingleses. E así loce o noso mural das estacións e as froitas de tempada.

Agradecémoslle á Melissa, a nosa auxiliar de conversa a súa colaboración neste proxecto no que o tempo manda.

Unha contacontos moi especial...

A auxiliar de conversa do noso cole, Miranda Melissa, transformouse, por arte de maxia, nunha magnífica contacontos en inglés para embaucar, coa historia "Room on the broom" de Julia Donaldson, ao alumnado do centro no recanto de lectura informal da nosa biblioteca.

A protagonista do conto era unha amable bruxa que ía invitando a subir a súa fantástica escoba a todos os animais cos que se atopaba, feito que irritaba moito ao seu gato...

Todo o alumnado que participou nesta lúdica actividade quedou encantado coas aventuras desta bruxa e sobre todo coa reliquia de zapato da bruxa que Melissa nos trouxo, en primicia, ata a biblioteca.

 Preme para ver a galería de imaxes

Auxiliar de conversa en inglés

Este curso contamos cunha nova auxiliar de conversa en inglés chamada Miranda Melissa.

Participou activamente na presentación do PDI deste curso"Mergúllate nun mar de números" ao alumnado dándolle as explicacións precisas sobre o significado da decoración da entrada da biblioteca.

Distribuir contido