Skip to Content

2017/18

Visita ao CIMUS do alumnado de Psicoloxía de 2º de Bacharelato

O pasado mércores 17 de xaneiro, o alumnado de Psicoloxía de 2º de Bacharelato tivo a ocasión de coñecer de primeira man o traballo que se fai no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago de Compostela (CIMUS) durante unha visita ás súas instalacións .

Visita do alumnado de 4º ESO á CRTVG

O pasado 29 de novembro de 2017, no marco do programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria "Visitas a Empresas", o alumnado de Economía e de Iniciación á Actividade Emprendedora de 4º ESO visitou as instalacións da CRTVG.

Ciencia, tecnoloxía e moita diversión... Así foi a experiencia do noso alumnado na Semana STEM

O pasado mes de decembro de 2017 parte do noso alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de participar nunha actividade moi especial organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: a "semana STEM". O departamento de física e química fixo a solicitude para o centro no mes de setembro e en outubro recibimos a noticia de que o IES Arcebispo Xelmírez II resultara seleccionado para a súa participación con 25 alumnas e alumnos. O balance global da experiencia é moi positivo.

Saída do alumnado de psicoloxía de 2º de bacharelato a ver a obra Fémina Sapiens no Salón Teatro

O pasado venres, 15 de decembro, o alumnado de psicoloxía de 2º de bacharelato asistiu no Salón Teatro á representación da obra Fémina Sapiens de INVERSA TEATRO. 

Participamos no acto central do Concello de Santiago polo 25 de novembro

Na mañá do día de hoxe o Teatro Principal de Santiago acolleu o acto central polo 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dentro da campaña "Compostela en negro". Sobre o escenario Noa e Antía, en representación do noso centro, deron lectura a un texto sobre a discriminación sufrida polas mulleres. Tamén participaron no acto alumnas e alumnos dos IES Arcebispo Xelmírez I, Lamas de Abade e Rosalía de Castro.

Concentración e guía de lecturas contra as violencias #25N

Ao longo destes días continuamos co desenvolvemento das actividades en relación co Día internacional contra a violencia de xénero, que comezamos a pasada semana cunha serie de charlas-coloquio organizadas polo departamento de filosofía. En particular, para o día de mañá 23 de novembro, en colaboración coa Federación de ANPAS de Compostela, temos prevista unha concentración no patio da entrada ás 12:10 h coincidindo co segundo recreo.  Se a situación meteorolóxica é adversa, a concentración trasladarase ao vestíbulo do centro.

O alumnado de psicoloxía de 2º BACH recibiu a visita da investigadora Montse Fernández Prieto

O pasado venres 17 de novembro o departamento de filosofía do noso centro organizou un encontro entre o alumnado da materia de psicoloxía de 2º de bacharelato e a investigadora Montse Fernández Prieto da Fundación Ramón Domínguez e do Grupo de Medicina Xenómica da USC.

Celebramos o Día Mundial da Filosofía co alumnado de ESO e Bacharelato

O terceiro xoves do mes de novembro celébrase, cada ano, o Día Mundial da Filosofía para recordar a importancia da reflexión filosófica e animar as persoas de todo o mundo a compartir a súa herdanza filosófica entre si. Co gallo desta celebración, ao longo desta semana, o Departamento de Filosofía do noso centro organizou unha serie de charlas-coloquio dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato.

Que aporta a psicanálise para comprender ás persoas hoxe - Psicoloxía 2BACH - 15 de novembro de 2017

A profesora Anabel Beniscelli Taibo e o profesor Álvaro Zas Ibarra (a través de skype e dende Montevideo, Uruguay) da facultade de Psicoloxía da Universidade da República Oriental del Uruguay explicaron os fundamentos básicos da psicanálise poñéndoos en relación coa comprensión da dimensión psíquica dos seres humanos. En varias ocasións responderon a interesantes preguntas do noso alumnado, dun xeito moi cordial e preciso.

Moitas gracias Álvaro por atender ás inquietudes do noso alumnado dende tan lonxe e a pesares da diferencia horaria e da cantidade de traballo que tes!

Xénero, diversidade, discriminación e violencia. O proxecto CRAM da Facultade de Psicoloxía da UDELAR - Filosofía 1BACH - 15 de novembro de 2017

Anabel Beniscelli Taibo, profesora da facultade de Psicoloxía da Universidade da República Oriental del Uruguay explicou como dende o proxecto CRAM da Facultade de Psicoloxía da UDELAR trabállase cos conceptos de xénero e diversidade para loitar contra os efectos da discriminación e da violencia. O obxectivo de dita charla foi a de compartir co alumnado a experiencia de dor que resulta da discrminación, pero a de esperanza que resulta da aceptación da diversidade e da convivencia respectuosa das opcións libres e consentidas.

 

Moitas gracias Anabel por facer un oco nesa axenda tan apretada para compartir o teu saber co noso alumnado!

Igualdade, xénero e diversidade - Valores Éticos de 3º e 4º da ESO - Filosofía de 4º da ESO / 15 de novembro de 2017

A profesora da facultade de Psicoloxía da Universidade da República Oriental del Uruguay, Anabel Beniscelli Taibo, centrouse na explicación do concepto de xénero para propoñer unha visión máis igualitaria da diversidade sexual e da convivencia social e cidadá. Dende esta perspectiva estableceu un diálogo crítico e produtivo co alumnado.

 

Moitas gracias Anabel por facer un oco nesa axenda tan apretada para compartir o teu saber co noso alumnado!

O IES Arcebispo Xelmírez II tínguese de negro contra as violencias

 

Co gallo do 25 de novembro, día Internacional contra a violencia de xénero, o IES Arcebispo Xelmírez II súmase á campaña promovida polo Concello de Santiago de Compostela #EnNegroContraAsViolencias.

Magosto 2017

O alumnado de 2º ESO participou nunha Xornada de adestramento en soporte vital básico na Cidade da Cultura

 

Está mañá celebrouse na Cidade da Cultura unha xornada de formación temperá en soporte vital básico (SVB) cun adestramento masivo no que participou boa parte do alumnado de 2º ESO do noso centro. A actividade foi organizada polas Consellerías de Educación e Sanidade, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. No adestramento tiveron ocasión de familiarizarse, entre outras cousas, coas prácticas básicas de RCP, como se pode ver na imaxe sobre estas liñas.

"Unha viaxe científica pola Antártida". Celebramos o Día da Ciencia en Galego con Luis Sampedro

Cada 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego que en 2017 chega xa a súa oitava edición. A temática elixida para este ano é a de "Viaxes pola Ciencia", polo que o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, FalaX2, organizou, para comenzar coas celebracións no día de hoxe, un encontro co científico Luis Sampedro que falou co alumnado de 1º e 3º ESO da súa experiencia investigando na Antártida. 

Distribuir contido


by Dr. Radut