Skip to Content

O IES Arcebispo Xelmírez II tínguese de negro contra as violencias

 

Co gallo do 25 de novembro, día Internacional contra a violencia de xénero, o IES Arcebispo Xelmírez II súmase á campaña promovida polo Concello de Santiago de Compostela #EnNegroContraAsViolencias.

No marco da campaña ao longo da próxima semana desenvolveranse no centro unha serie de accións coa intención de sensibilizar, visibilizar as múltiples dimensións da violencia machista e amosar o rexeitamento da comunidade educativa ás violencias de xénero.

Máis información | En Negro Contra as Violencias



story | by Dr. Radut