Skip to Content

Participamos no acto central do Concello de Santiago polo 25 de novembro

Na mañá do día de hoxe o Teatro Principal de Santiago acolleu o acto central polo 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dentro da campaña "Compostela en negro". Sobre o escenario Noa e Antía, en representación do noso centro, deron lectura a un texto sobre a discriminación sufrida polas mulleres. Tamén participaron no acto alumnas e alumnos dos IES Arcebispo Xelmírez I, Lamas de Abade e Rosalía de Castro.

O acto contou ademais coa participación do alcalde de Santiago, Martiño Noriega; da concelleira de Igualdade, Marta Lois; da escritora Rosa Aneiros e de varios membros da Corporación. O alcalde quixo agradecer especialmente a presenza das rapazas e os rapaces dos institutos da cidade no acto xa que, como lles dixo e nós subscribimos:

sodes o futuro do país e os que estades chamados a cambiar as cousas

Máis información | Concello de Santiago



story | by Dr. Radut