Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Historia

Fin de curso 2008

Claustro 2008

26/06/2008

Trala última reunión do Claustro do curso 2007/08, José fixo esta foto coas dúas persoas que se retiraban da docencia en primeira fila: os nosos queridos Jaime López e Tere Rubio. Ademais deles, hai unha longa lista de persoas que deixarán de traballar no Feal por cambio de destino; moita sorte para tod@s!. Neste tipo de fotos é inevitable que haxa ausencias, ollos pechados... pero parécenos un bonito recordo.

A transición da lei educativa de 1970 (LXE) á de 1990 (LOXSE)

  • 1996/97: Último curso coa denominación "Colexio Público de Educación Xeral Básica", aínda que xa entra en funcionamento 1º de ESO.
  • 1997/98: O único curso no que tivemos a denominación "CEIP - IES" (Centro de Educación Infantil e Primaria - Instituto de Ensino Secundario).
  • 1998/99: Primeiro curso coa denominación "CPI" (Centro Público Integrado), coincidindo coa chegada de 3º de ESO.

Os comezos

O "Colexio Nacional Mixto Comarcal do Feal" (hoxe C. P. I. do Feal) comeza a súa andaina o 6 de marzo de 1972, formándose polo agrupamento das Escolas Unitarias e Mixtas que había no Concello de Narón.

Claustro 1972

Na fotografía (ampliable facendo clic nela), aparece o primeiro Claustro do centro. A identificación e procedencia do profesorado pódese consultar no arquivo pdf adxunto.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido