Saltar navegación.
Inicio

Seguimos con despedidas

Loli, Eva, Carmen e Alfonso

Loli Abelleira, Eva Mª Bouza,
Carmen Feal e Alfonso Lamas

21/04/2010

Hoxe chegounos a confirmación de que Eva Mª Bouza, que leva tres anos de xefa de estudos de Primaria, tamén se traslada (ao CEIP Os Casais de Fene). Eva tamén tivo moito que loitar polo Feal e merece un bo descanso.

Ao mesmo tempo, hai que lembrar que este curso despediranse outras tres persoas que levan gran parte da súa vida na Educación Primaria do Feal por xubilación anticipada: Loli Abelleira, Carmen Feal e Alfonso Lamas.

E teremos que despedirnos de moita máis boa xente: profesorado provisional, alumnado de 4º de ESO...

Grazas a tod@s e sorte nos novos camiños!!

Profesorado que se vai

Non me gusta que se vaian uns dos mellores profes porque a min gústanme moito dous deles. Déronme clase e son moi bos. Voume poñer moi triste ao irse. Moitos besos para todos e por último quero dicir que o Feal e o mellor colexio e se me contestan, por favor envíenme a mensaxe ao meu correo elctrónico. Chao, besos.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com