Saltar navegación.
Inicio

Así somos no Feal

01/07/2012

Por fin!! Misión cumprida. Trataremos de aproveitar este impulso colectivo para espertar un pouco a web do Feal. Contamos coa colaboración de todo o centro a partir de setembro.

Para a xente que visite esta páxina sen coñecer a historia, aclaramos que este vídeo musical fíxose para celebrar o 40 Aniversario do CPI do Feal (inaugurado o 6/3/1972), e que participou a inmensa maioría do noso alumnado, profesorado e persoal non docente (coa especial intervención dalgúns ex-alumn@s e ex-profesores/as), despois de catro meses de preparativos e ensaios.

Notas técnicas:

  1. 0 lipdub foi subido en Alta Definición, pero YouTube reproduce por defecto só a 360 liñas. Se queres velo a pantalla completa con 1.080 liñas, tes que pinchar no icono "Cambiar calidade" (unha rodiña), aínda que así a carga levará máis tempo e pode haber saltos mentres non remata. Enlace directo á versión con 720 liñas: http://youtu.be/KsobVP72CuM?hd=1
  2. Debido ao copyright de "Mamma mia", YouTube bloqueou o lipdub nas redes de telefonía móbil (en Alemania en todo tipo de redes).

40 Aniversario do FealFai clic para ver 40 fotos do lipdub na nosa Galería

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com