Saltar navegación.
Inicio

A web do Feal cumpre tres anos!!

Tres anos de web

Ángel Carrera, 28/05/2010

O sábado 29 de maio, o espazo web do Feal cumpre tres anos e resumindo eu diría que a terceira tempada foi... agridoce. O maior crecemento deuse na Aula Virtual co sistema Moodle, que xa é utilizada por un bo número de profesores/as. As páxinas informativas mantiveron a súa vitalidade e tiveron momentos de gran éxito como o seguimento en tempo real da movida irlandesa/islandesa (grazas ao material que enviaban Sonia e Alba) ou vídeos como os de Entroido. En xeral, hai que recoñecer que seguimos recibindo bastantes imaxes e comentarios aos artigos dende todos os sectores da comunidade.

Sen embargo, o número de persoas que escriben novos artigos nas páxinas informativas segue sendo moi reducido. Aínda que este curso chegou ao noso centro un bo número de profesores/as moi interesad@s nas novas tecnoloxías e moi traballadores/as neste campo, hai que admitir que non conseguimos facer tantas novas fichaxes como esperabamos. Esta tempada fichamos a Marisa para o cine, a Juan Carlos e Susana para a información de Primaria e ao principio tamén comezaron escribindo Rebeca e Alfonso sobre 1º de Primaria, pero logo centráronse no seu estupendo blog externo (encantaríame que volveran á web oficial!). Entre o alumnado houbo numerosos colaboradores/as, e aínda que unha boa parte está en 4º de ESO e polo tanto a piques de deixar o centro, tamén contamos con apoios incondicionais en 3º de ESO e en cursos máis baixos.

O vindeiro curso, eu teño previsto estar de excedencia, aínda que por suposto que seguirei pendente desta tolería dende casa. Seguirei traballando máis que nada na parte técnica; é evidente que dende a distancia non se pode tirar do verdadeiramente importante: farán falla sobre todo contadores/as de historias do Feal e dende todos os cursos, porque cada un de nós só coñece ben o que pasa na súa leira. En realidade, independentemente da miña excedencia, o que sempre pretendín foi deixar montado canto antes o engrenaxe e quitarme de en medio para que a web voara soa; despois de tres anos... creo que non conseguín transmitir ben esta idea. Así que se realmente valoras este espazo web e non queres que morra, por favor colabora con nós. Uns vellos amigos tiveron o detalle de compoñer unha canción especialmente para a ocasión e así apoiarnos no chamamento: Help!

Compromiso

La verdad es que empecé con bastante ánimo a colaborar en esta aventura pero, Angel que un poquito ya me conoce, sabe que me supone un gran esfuerzo pues si en el cole me está molando el uso de las dichosas Tic, lo que menos me apetece es encerrarme en casa con "el maquineto". El curso que viene intentaré incluirlo en mi horario de "actividades extraescolares". "Prometo por mi honor y...". Marisa

Felices 3 añoosss =)

Hola, pois mira que pasa rápido o tempo, xa 3 anos,
pois hai que agradecer a todos os alumnos e profesores estes anos, porque se non fora por eles esta web xa non estaría , e sobre todo a Angel que e o "creador" de todo isto ;)
un saúdo
e que isto siga vixente moitos anos máis.

FELICIDADES !

Muchísimas felicidades por la pag web, y por supuesto que dure más de 3 años, muchísimos más.
P.D: Angel, pídele a Dolores las fotos del final del PROA y súbelas porfavor ! ;)
Un beeso !

NORABOA!!!

Moitas felicidades por este tercer aniño que cumple a nosa web. Todos recoñecemos e admiramos o traballo que se fai cada día nesta páxina, e sabemos que aínda que colaboremos un pouco, o gran artífice é Ángel Carrera. Espero que toda a comunidade educativa se implique neste proxecto e fagamos o posible por manter o seu ritmo vital, mentres a súa alma disfruta dunha merecida excedencia. Mar González.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com