Saltar navegación.
Inicio

A visita do Feal ao "V encontro coa zanfona contemporánea" na Televisión de Galicia

28/03/2009

Xa faláramos nesta web do "V Encontro coa Zanfona Contemporánea" que tivo lugar en Narón a mediados de marzo. O que non sabiamos é que a Televisión de Galicia transmitira en directo a visita do noso alumnado de Primaria a Aldea Nova durante estas actividades. Foi no programa "A revista" do venres 13 de marzo. Unha vez máis, un tirón de orellas a toda a xente que o sabía e non avisou a esta web.

No vídeo que podedes ver pinchando na foto, a protagonista é a nosa alumna Uxía Muíño, pero hai máis caras coñecidas. Houbo outra conexión con menos protagonismo do noso alumnado. Tamén podedes ver algunhas fotos adicionais na Galería.

AdxuntoTamaño
Encontro_Zanfona_2009.wmv9.32 MB

Uxía na tvg

Despois disto apunteime a clases de zanfona e gustoume moito .Sabedes quen son?
Eu son Uxía!!! Uxía 6ºA

Uxía na tvg

Pareceme ben que lle fixeran esas preguntas.

Uxía na tvg

Uxia estaba un poco nerviosa pero o fixo moi ben Marta 6ºA

Uxía na tvg.

Sara Seijo.
Uxía estaba un pouco nerviosa pero ao final fixo ben.

Uxía na tvg

Uxía saes moi ben no vídeo e tocas moi ben a zanfona.
Belén 6ºa.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com