Biblioteca

"Concurso de Tarxetas de Nadal 2021"

Como cada Nadal chegou o momento do tradicional "Concurso de Tarxetas de Nadal", este ano pedimos ao alumnado que procurasen integrar o tema do PDI "Inventos que cambian o mundo" nas súas tarxetas de felicitación, e como podedes comprobar captaron moi ben a idea.

Noraboa aos finalistas e gañadores e moitísimas grazas a todos  pola vosa participación, puxéstesllo realmente difícil ao xurado.

3 de decembro: "Inventos que facilitan a vida ás persoas con discapacidade"

Conmemoramos o 3 de decembro o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade" investigando un pouco sobre os inventos que facilitan a vida a estas persoas, seguindo co noso PDI "Inventos que cambian o mundo".

Con todos os que atopamos fixemos un gran mural, e aprendimos como todos estes inventos, descubrementos e tecnoloxías fan máis fácil que o día a día destas persoas; e a importancia de seguir investigando para que estas persoas melloren a súa calidade de vida.

Tamén recordamos algunhas das frases que nos deixou na súa entrevista, o pasado 20 de outubro,  a atleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio
 

Camiño en Violeta: "Alza a túa voz". 25 Novembro

Este ano conmemoramos o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller", alzando as nosas voces para construír un "Camiño en Violeta" cara á Igualdade e á NON Violencia. 

Alzamos as voces, enchendo os corredores coas nosas mensaxes, para non esquecer que o "Camiño en Violeta" témolo que construír día a día.

Resumo do Magosto 2021.

O pasado día 11, coincidindo coa tradicional celebración do San Martiño, celebramos o magosto no colexio. Foi un magosto diferente a outros anos. En lugar de xogos populares realizamos manualidades no patio, cada grupo burbulla no seu espazo. 

A ANPA AIDÓN foron os encargados de asar e repartir as castañas. 

Unha festa diferente, pero igualmente divertida, pasámolo xenial. Deixámosvos este vídeo para recordo.

Se queredes consultar información da man dos protagonistas mirade atentamente o vídeo da entrada anterior "Informativo Especial Magosto 2021".

Esperamos que o próximo curso xa podamos saír todos coa cara emborronada de carbón.

Informativo Especial Magosto 2021

Os nosos correspondentes especiais destacados no Magosto do Sequelo entrevistaron a pais, mestres e compañeiros para recabar opinións. E para que se vexa que somos un centro plurilingüe per se, ata co Inglés de Ourense se atreveron.

Diante da camara Noa e Iria, na cámara Valeria e Noa, e no son Humble e Sariña.

 

Imos ao Magosto

O noso amigo anda como tolo por chegar ao Magosto que organiza a Anpa, pero non sabe como.  Guíao coas frechas do cursor e evita tocar as paredes do labirinto.

 

Scratch by Roberto Carlos Santiago Nedea

Entrevista á dama dos pés de cabra

Ata a porta de 5º achegouse un gato negro e na súa compaña "A dama dos pés de cabra", e aproveitando o suceso os nenos de 5º entrevistárona para todos vos.

Samaín de Enzo

Xa rematamos co Samaín? Pois inda quedan moitos traballos pendentes, coma este primeirizo de Enzo, onde tocando cada unha das letras da palabra, verás o que sucede.

Seres Mitolóxicos Galegos en código QR

Descifra o código QR feito por Aylen e que insertamos un pouquiño máis abaixo cun dispositivo móbil e déixanos un comentario co teu nome e curso co nome e o número da personaxe mitolóxica que aparece no video debaixo do código

GATIPEDRO 2.0

O Gatipedro é unha figura da Mitoloxía galega que facía que os nenos mexasen na cama.  Había quen o describía coma un gato branco cun corno na cabeza do que brotaba auga e que polas noites se achegaba ás camas onde durmían os nenos.

Para ver o que é quen de facer o Gatipedro, preme a bandeira sobre a imaxe, a barra do espazo, e moi especialmente a tecla Q.

Traballo realizado por Roberto Carlos Santiago Nedea de 5º

Resumo das actividades Samaín 2021

Deixamos varios vídeos resumo das actividades que se realizaron no colexio en colaboración coa ANPA Aidón e coa ampla participación da comunidade escolar. Moitas grazas por participar, sin a colaboración de todos este tipo de actividades non sería posible.

Botádelle unha ollada.

Están de medooo!!!

 Vídeo 1

 

Vídeo 2

Concurso de "Decoración de cabazas". Samaín 2021

Despois dunha difícil deliberación do xurado as cabazas gañadoras foron: 

  • 1º Categoría: Gabriel Soto Pazos, de 4º 
  • 2ª Categoría: Nicolás Cabada Boullosa, de 2ºA

Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos pola vosa participación, estaban todas estupendas. Fixestes que a elección do xurado fora realmente difícil.

Contos terroríficos

Publica aquí os audios ou vídeos dos teus contos de medo ou contos terroríficos; ou ben, entrégallos ao teu profe titor-a para que os publique.

Feito con Padlet

"Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2021. CEP Sequelo

Neste taboleiro de "Padlet" podedes poñer as fotografías das vosas cabazas. Recordade que tendes as explicacións ao final da carta de Birlo (na entrada anterior desta web e tamén no blog da biblioteca).

Agardámolas impacientes.

Seguro que as facedes de meeeedo!!!

Hecho con Padlet

Actividades Samaín 2021

Ola! son Birlo, como xa sabedes a mascota da biblioteca, que ando por aquí argallando cousas un ano máis.

Aquí vos deixo esta carta explicando o que o equipo de dinamización da biblioteca, o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), a ANPA e máis eu temos pensado para facer esta ano  para celebrar un Samaín de medo!!!

Lede a carta atentamente e animádevos  a participar! 

Moitas grazas! Vémonos!

Que aprendemos... da danza de espadas

Logo de todo o traballo que se levou a cabo no colexio, pedímoslles aos nenos que nos dixeran unha ou dúas cousas que aprenderan da nosa danza de Espadas. O resultado aquí o tedes:

Dos personaxes da danza e máis cousas

Amir, Iván, Lía, Marcos, Andrea, Abel, Ramiro, Aylen, Luis e Iria falannos dos personaxes da danza e de certas cousas que se perderon nela. Un a un van esmiuzando quen é quen na Danza de Espadas de Marín.

Recompilación da proposta San Miguel 2021 "A danza de espadas"

Este curso empezamos traballando unha das tradicións máis arraigadas no nosa vila a festividade de San Miguel e a danza que se baila nesta data "A danza de espadas".

Foi unha proposta que nun principio partiu da ANPA Aidón, con intención de facelo dun xeito informal, pero que nos veu moi ben para empezar a facer noso o lema elexido para as bibliotecas este curso "A biblioteca escolar ten a palabra", poñendo o foco na palabra e na oralidade.

Así que propuxemos ao noso alumnado que preguntase ao que tiña máis preto, ás fontes orais: avós, pais, amigos, veciños... recollendo toda esta información. 

Recuperamos deste xeito a utilización da biblioteca, como lugar de encontro, despois do parón do curso pasado derivado da situación producida pola COVID, e de restreno tras as obras que se realizaron a fin de curso. 

O noso agradecemento á ANPA pola súa colaboración e implicación no desenvolvemento das actividades.

Deixámosvos a recompilación de como se desenvolveu toda a proposta.

A orixe da festa de San Miguel

De maneira "extraoficial" a festa púxose en Setembro, porque alí cadraba San Miguel, pero por moitas outras cousas que tiñan que ver co xeito en que os mariñeiros se ganaban a vida, e así nolo contan Kenia, Antón, Aaron e Noa e aos mandos estiveron Uxía e Aitana de 5º

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.