Polos creativos
TeleSequelo do Primeiro de Abril
Enviado por josean o Xov, 20/04/2023 - 16:42April´s fool day, Erster April, Poisson davril....moitos nomes, en toda Europa é co que se coñece ao que en Marín, os nosos devanceiros, coñecían coma "O primeiro de Abril van os burros onde non deben de ir", o día por excelencia das bromas, un día na nosa tradición que como moitos outros foi froito dunha substitución. Para nos celebralo, e grazas aos Poliños Creativos de 6º, editamos este Telexornal Local, cheo de Fake News.
Chroma (que debería ser máis grande), focos, cámara de video Panasonic.... Sacando músculo e dándolle uso ao material dos Polos.
Coplas de Maio 2023
Enviado por josean o Mar, 18/04/2023 - 23:09A partir dunha estruturación moi tradicional das coplas de maio, en versos de 6 sílabas, o alumnado de 5º e 6º creou está enchente de coplas, que amosan o que aprendeu sobre a celebración estes días.
Kopa Deporte nº 4
Enviado por josean o Lun, 17/04/2023 - 01:00Neste programa do noso programa deportivo, temos de invitada a Gloria Núñez, que nós vén falar das súas experiencias dentro dun deporte menos coñecido que os de moitos outros invitados, a ximnasia rítmica.
LEGO WEDO en 1º de primaria
Enviado por xose o Mar, 28/03/2023 - 13:06O alumnado de 1º de primaria experimentou hoxe coa programación de robots utilizando o kit de LEGO WeDo. Tiveron que seguir catro pasos:
1. Construír un caracol utilizando a tablet onde figuraban as instrucións,
2. Conectar o robot á tablet mediante bluetooth
3. Escribir a programación utilizando bloques
4. Comprobar que funciona!
E podemos dicir que o pasaron moi pero que moi ben!! Descubriron que podían cambiar cores, escoller sons ou mesmo gravarse a si mesmos para incluír as súas voces na programación.
Coñeces este Plano?
Enviado por josean o Xov, 16/03/2023 - 00:31Coñeces que tipo de plano obtiveron todos estes alumnos de sexto? Deixanos a túa resposta nos comentarios.
Programación con Lego WeDo
Enviado por xose o Mar, 14/03/2023 - 21:08Hoxe o alumnado de 2º de primaria traballou en grupos de tres co kit de robótica de LEGO WeDo, construíndo un muíño de vento e programando o movemento das súas aspas. Para iso axudámonos coas tablets do cole, que tiñan instalada a aplicación WeDo 2.0 coas instrucións para a construción e as suxestións para a programación.
Traballamos sobre o acoso
Enviado por Ruth o Ven, 10/03/2023 - 21:28Bizarrap Sequelo Music Session 54 "Atún con pan"
Enviado por josean o Mér, 01/03/2023 - 21:02O desafío era a partir dunha base rítmica de Reggaeton e dunha certa coñecida sesión de Bizarrap, traballar as antíteses e traballáronas arreo, e polo camiño caeu algunha aliteración. Utilizando certos tópicos do estilo como o uso dun inglés macarrónico que rebautizaron como Galenglish, construíron esta canción. Polo camiño e sen querer tamén se decataron de que fixeran unha aliteración. Figuras literarias no reggaeton e grazas ao profe Marcos, atún con pan A letra foi un traballo de toda a clase e a interpretación de Amir e Gomis.
Plano Cenital?
Enviado por josean o Lun, 27/02/2023 - 23:14Todos eles e son moitos din que este plano é CENITAL. Por que será que o dín? Poderías explicarnos porque coidan todos estes alumnos que o plano é ese?
Déixanos a túa resposta co teu nome, na sección de comentarios
Adiviña o Plano
Enviado por josean o Lun, 27/02/2023 - 22:32Neste primeiro plano da serie Noa danos moitas pistas para que adiviñedes de que plano se trata. Faino moi ben, sen cortar o plano polas articulacións
Nos comentarios deixádenos o voso nome e o tipo de plano que é
Kopa Deportes nº 3
Enviado por josean o Lun, 27/02/2023 - 22:24Neste terceiro Kopa Deportes trouxemos como invitado especial a Manuel González García, adestrador do Marín Futsal que amablemente contestou a tódalas preguntas que tiñamos preparadas para el.
Obradoiro de filloas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Xov, 16/02/2023 - 23:11Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.
Kopa Deportes Programa 2
Enviado por josean o Mar, 14/02/2023 - 18:38Segundo programa Deportivo da Radio Sequelo onde Amir de 6º fai un pequeno resumo do partido de Champions PSG - Bayern.
Kopa Deportes
Enviado por josean o Lun, 13/02/2023 - 16:38Primeira Emisión de Kopa Deportes o primeiro programa deportivo da Radio Sequelo, realizado polos alumnos de 6º nun día moi especial, o día mundial da radio. Un programa que nace para perdurar e como eles din na súa cuña. ESCOITA XA!!
Poemas de Paz
Enviado por josean o Ven, 10/02/2023 - 00:52Os alumnos de 6º por mor do día da paz recitan varios poemas de Celso Emilio Ferreiro e máis un texto que eles mesmos construíron a partir do proxecto da auga no que se atopan envoltos.
Radio Paz 2023
Enviado por josean o Mér, 01/02/2023 - 23:23Por mor do día da Paz os alumnos de 6º crearon varios programas centrados na Paz con cadansúa cuña, do que este elaborado por Uxía, Ramiro e Aylen, con Enzo e Marcos aos controles é un claro exemplo.
Moi agradecidos aos profes Moisés e Alba polo seu traballo cos nenos.
Primeiros Deseños 3D
Enviado por josean o Lun, 23/01/2023 - 00:16A partir da ferramenta online TinkerCad, unha ferramenta sinxela e tremendamente accesible para os nenos, chegaron os primeiros deseños 3D dos alumnos de 6º, que logo haberá que imprimir, cousa que tamén ten o seu aquel en canto á configuración da máquina e á segmentación das pezas deseñadas.
Lapis 3D
Enviado por josean o Dom, 22/01/2023 - 20:26Cada vez máis imos incorporando á nosa realidade educativa, novas ferramentas que motiven aos nosos alumnos a imaxinar e crear. Desta vez é a quenda dos lápises 3D. As súas caras dinno todo.
Plastificadora
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 17:56Outro dos trebellos que nos chegou por mor dos Polos creativos, foi un de uso cotián nos colexios, como é a Plastificadora. Neste caso aproveitamola para plastificar as etiquetas das pezas dos robots que antes fixeramos no Gimp e que imprimimos na nova impresora que nos mandaron.