Xuño 2013

GAÑADORES DO I CERTAME/INVESTIGACIÓN DE FOTOGRAFÍA SOBRE CASAS CON POTÍN

Porque tiñamos que elexir gañadores, porque realmente gañadores son todas as familias que colaborachedes neste proxecto de investigación que seguerá o ano que vén, ata obter preto dunhas 200 fotos. GRAZAS  a todos vós pola vosa colaboración e a vosa representación que neste caso son estes tres rapaces:  Kilyam, Claudia e Sergio Menduiña

 

 

I CONCURSO DE GUIÓNS DE CURTAS ANIMADAS

Para o proxecto da Secretaria Xeral de Lingüistica onde andivemos metidos, o profe Jose creounos unhas persoaxes en plastilina que logo non utilizamos. Como non era cuestión de desaproveitar o seu arte dende o Taboleiro de Normalización retamos aos nos@s alumn@s a que fixesen un guión para facer unha animación coas persoaxes e así naceu este concurso de guión para curtas. E aquí están os orgullosos ganadores do concurso o día do festival de fin de Curso.  PARABÉNS RAPACES

E a curta elaborarase con eles no primeiro trimestre do seguinte ano.

SAÍDA DO PRIMEIRO CICLO AOS MUIÑOS DO RÍO BAROSA

Os rapaces do primeiro ciclo visitaron os muiños do Barosa, onde aprenderon de primeira man a rica cultura galega ao redor dos muiños: poemas que realizaron, contos que se contaban mentres se esperaba para moer, cancións, a musica dos muíños que orixinou a muiñeira, a cultura do pan, vocabulario novo ao redor deles (maquia, moa, quenlla....) e moitas mais cousas das que este video é unha modesta testemuña.

HAIKUS DAS FLORES PARA ROSALÍA

Dentro do Obradoiro de Creación Escrita que vimos desenrolando fixemos un achegamento a os haikus, unha estructura poética tradicional xaponesa, producto maioritariamente do asombro do poeta ante a natureza e que non soe constar de mais de tres versos. inda cos nosos eran libres, so se lles pedía que expresasen ante a contemplación de distintas flores e se relacionase co que coñecían sobre a poesía de Rosalía que neste intres xa é moito.

VIDEOCONFERENCIA CON ANTONIO DURÁN "MORRIS"

Unha foto pola que levabamos longo tempo esperando (dende o 20 de Abril), o noso intento de videoconferencia con Morris, o popular alcalde de Padre Casares. Darlle as grazas aos compañeiros do EEI Monte da Guia de Teis de onde o actor é natural, por intentalo en todo momento. Se lembrades, o ano pasado tiñamos un proxecto conxunto con eles para celebrar o 18 aniversario do Xabarín, pois todolos anos polo 18 de abril xa sabemos que temos unha cita co porco bravo e eles invitaron a alguén vinculado co Xabarín Club, ao Mestre Mutenrohi, ao que lle poñía voz Morris.  Foi unha mágoa que a videoconferencia, un instrumento eficaz e imprescindible no aprendizaxe das linguas non funcionase mellor debido ao escaso ancho de banda que os colexios temos e non foi que o recortaran, non, e que nunca o tivemos. Antonio Durán ademáis, traballou  en moitas das obras de Roberto Vidal Bolaño e moi recentemente foi parte do elenco de actores que xunto co recentemente falecido Pico levaron ao cine a obra de Vidal Bolaño "Doentes". No Ipad que porta Morris , vedes aos rapaces de 3º A coa carouta de Vidal Bolaño na sala de informática. se xirades a foto 180 graos. Graciñas a Morris pola súa paciencia e aos compañeiros da EEI Monte da Guía polo seu traballo.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO (IV)

E xa para rematar cos videos, este remix de 6º B.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO (III)

De bailar non pararon toda a mañá os rapaces e rapazas do Sequelo, agora o Limbo os de 6º A

FESTIVAL DE FIN DE CURSO (II)

Sen dúbida algunha a canción do 2013 polo menos para os rapaces. Aquí tedes a coreografía de 5º B

FESTIVAL FIN DE CURSO I

Van os chegando os videos do festorro de Fin de Curso, os primeiros os de 4º A con este "Anxiños sen ás"

A ESCOLA DA LAREIRA: COPROLALIAS E ORACIÓNS DE RISAS

A Escola da Lareira é un proxecto onde o que se pretende e a aprendizaxe do galego dun xeito natural aproveitando o que nos metodos comunicativos se chama realia, aquel material cos falantes nativos empregan na transmision inconsciente da lingua. Desta vez centramolo nas coprolalias e nas oracións de risas e todo surxiu grazas ao noso Carlos que o seu pai lle ensinara o "Noso Pai" e de seguida outro rapaz nos amosou unha coprolalia que o seu pai lle tiña ensinado. Estas cousiñas que axiña as collen!


PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.