Outubro 2013

DOMUND 2013...DOMUND 2013...

       

                            

 

Outro ano máis os compañeiros de Relixión Católica aportaron un pouquiño dos seus aforros para as misións.

Entre todos recollemos a cantidade de 200 Euros...

CEP SEQUELO.MARÍN

DOMUND ……………2013

1ºA

9,50

1ºB

6,00

2ºA

25,50

2ºB

22,50

3ºA

10,50

3ºB

4,50

4ºA

11,55

4ºB

6,00

5ºA

12,50

5ºB

5,65

6ºA

24,80

6ºB

 

12,25

TOTAL………………………200,00 EUROS…………………

 

 

DOMUND ……………2013

OUTUBRO

Inda ben non celebramos o día de Defuntos e xa estamos pensando no Magosto, e para este ano como banda sonora eleximos esta canción, "Outubro" que aparecía orixinalmente nun disco da Asociación de Gaiteiros Galegos chamado "13 Lúas". Para que a cantedes connosco deixamosvos a letra.

 

SANTO QUE ESTÁS NO CANIZO
BOTA CASTAÑAS ABAIXO
NON AS BOTES PEQUENIÑAS
NON AS BOTES PEQUENIÑAS
QUE ÁS PEQUENAS NON ME BAIXO
AILALALALALALALALALALALALA

TIÑA MARíA NO PETO
CATRO CASTAÑAS ASADAS
VEU UN GATO AMARELO
VEU UN GATO AMARELO
E LARPOULLE A PAPARADA
AILALALALALALA..........

SOPRA O VENTO NA DEVESA

VÉNTE COMIGO NENIÑA

SE CASTAÑAS APAÑARES
SE CASTAÑAS APAÑARES
BOA FESTA CANTARíAS
AILALALA................

BEN TE VIN NO CASTIÑEIRO
TIÑAS O CESTO CHEíÑO
DE SORRISOS E SALAIOS
DE SORRISOS E SALAIOS
CEN CASTAÑAS EN DEGARO
AILALALALA.......


1:44 minutes (2.38 MB)

RELATOS FANTÁSTICOS DA TRADICIÓN ORAL GALEGA

Para acompañar dun xeito do mais tradicional a noite de defuntos, non hai mellor cousa que estar ao redor do lume contando estas historias da nosa rica tradición oral. Nós imos utilizala nesa data como sesión de Contacontos, aquí tedes unhas cantas para contar na aula. A versión en pdf dos contos está nos arquivos adxuntos

 

CONCURSO DO TABOLEIRO DE NORMALIZACIÓN

Chegan os concursos do noso taboleiro de normalización e para este primeiro do ano pedimosvos que nos respondades a estas 3 ou case catro adiviñas que lles propuxemos. A primeira chéganos da Terra de Montes, a segunda é unha adiviña clásica, a terceira construirona os rapaces e asemiadiviña final fiouse coas outras dúas. Intentadeo, tedes ata o  Venres 25 de Outubro. Depositade a vosa papeleta coas solucións no buzón que está preto da aula de informática. Se algún se esqueceu das adiviñas aqui as tedes:

I CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR

O Equipo de Normalización e a Biblioteca convocan o primeiro concurso de Microrrelatos de Terror. Continúa este texto pertencente a "Cartas a Lelo" de Neira Vilas:

Meu Leliño:

 

         Ti de seguro oíches falar, cando estabas na aldea, de que na Carballeira de Roi andan pola noite meigas e pantasmas.  A xente fala moito. A xente  dalle arreo ó peteiro.  Algúns chegaron a dicir  que bateran con caixas de morto e con renques de luces monte adiante.

O texto non debe ter máis de 250 palabras e polo menos ten que aparecer unha vez por algures a palabra ESCOLA

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN: LUNS, 28 DE OUTUBRE NA AULA DE 4º A


ROMANCE DA LAVANDEIRA DA NOITE (SAMAÍN)

Comezamos a traballar o Samaín cunha recomendación moi especial, un dos romances mais antiguos e singulares da nosa tradición oral, baseado na persoaxe fantástica das lavandeiras da noite.  As lavandeiras da noite son uns seres míticos, os pantasmas de mulleres condenadas a lavar eternamente sabas manchadas de sangue, polo asesinato dos seus fillos pequenos.  

No  ano 1904, o escritor e investigador pontevedrés Vítor Said Armesto (1871-1914), o primeiro catedrático de lingua e literatura galego-portuguesa, enfrascado na recolleita de romances populares ao longo e largo do país, escoitou de Lucía Domínguez, unha mendiga cerdedense de 68 anos, un inédito cantar :

Era unha noite de lúa, 
era unha noite clara; 
eu pasaba polo río 
de volta da muiñada. 
Topei unha lavandeira 
que lavaba ao par da auga; 
ela lavaba no río 
e unha cantiga cantaba: 
–Moza que vés do muíño, 
moza que vas pola estrada, 
axúdame a retorcer 
a miña saba lavada. 
–Santa María te axude 
e san Lourenzo te valla!; 
desparece a lavandeira 
como fumeira espallada. 
Onde as sabas tendera, 
poza de sangue deixaba; 
era unha noite de lúa, 
era unha noite clara. 

ALFABETO TERRORÍFICO

Para todos aqueles de vos que queirades empezar o Samaín con forza aqui vos deixamos unhas terroríficas letras para colorear e adornar as vosas clases. Podedes descarregar todas as letras dende o ficheiro adxunto.

XABASOCIOS

Dende hai dous anos levamos fomentando a inscripción dos nosos alumnos no Clube do Porco Bravo, como un xeito de reforzo lingüístico, ao traballo realizado nas nosas aulas, sendo conscientes da importancia da educación informal na aprendizaxe de linguas. E aquí tedes os bonitos carnets que por fin teñen nas súas mans os nosos cativos (parece que a cousa axilizouse).

ZONA PRESS, PRIMEIRA REVISTA DE BALONCESTO EN GALEGO

Para todos os amantes do baloncesto, que non son poucos no noso colexio, contamos coa primeira revista sobre o tema editada dende a Coruña, "Zona Press".

 

 

A REVISTA OINK! CHEGA AO NOSO COLEXIO

Dende comezos do mes de setembro podemos atopar nos quioscos cunha regularidade mensual Oink! A revista do Xabarín Club, un proxecto nado coa finalidade de achegar aos rapaces entre 6 e 15 anos unha publicación periódica, en galego, con contidos divertidos, relacionados co mes en que se publica e dándolle protagonismo á banda deseñada. Malia retomar o nome do exitoso programa da CRTVG, O Xabarín Club, non está vinculada a este medio de comunicación, xa que é unha produción de A galip S.L.

O número 2 do que como vedes xa dispoñemos no colexio está centrado no Samaín

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.