Marzo 2020

Música dende a casa (1): "A primavera" de "As catro estacións" de Vivaldi

Hoxe cumprimos unha semana xa de confinamento dentro das nosas casas, que nos fai sentir que non sabemos moi ben en que día vivimos, polo que moitos de nós nin sequera nos decatamos de que hoxe empeza a primavera.
 
Pois que mellor comezo da primavera que escoitar precisamente a obra "A primavera" das "Catro estacións" de Vivaldi.
 
Xa sei que a escoitamos e traballamos na clase moitas veces, pero esta vez podédelo facer en familia axudados deste sinxelo musicograma. E ao mellor (sobre todo os de 5º e 6º) incluso vos animades a escoitar o resto das "Estacións" e aprender un pouquiño máis da vida do compositor Antonio Vivaldi. 
 
Lembrade visitar regularmente o blog de música onde encontraredes outras propostas.

Poemas dende a casa (1): Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro, cunha longa traxectoria poética as súas espaldas e unha das voces principais da lírica galega, tivo a ben enviarnos este vídeo para os nenos do Sequelo, onde nos recita dous dos seus poemas.

Gañou o Premio “Merlín” en 1996 con Na fogueira dos versos, libro co que entrou na Lista de Honor do IBBY (1998) e foi finalista do premio Nacional (1997). En 1998, un xurado internacional concedeulle o Premio Europeo “Pier Paolo Vergerio”, considerado un dos máis prestixiosos galardóns literarios de Europa.

En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

Pero ademais de todo isto se algo houbese que dicir de Antonio é que Dylan, queira ou non queira, está presente, coma no vídeo, sempre na súa obra. Dous poemiñas de Antonio para que se nos faga máis levable esta Desolation Row que vivimos.

 

Actualización:

De bicos, bicos... e máis bicos  Publicado no xornal Faro de Vigo (03/04/2020)

O arco da vella

Álvaro (1º curso)  e súa irmá Nora quixeron compartir con todos este magnífico traballo de Plástica. Grazas por compartir!

Reto 5: REDUCIR-REUTILIZAR-RECICLAR

Hoxe toca día de reciclaxe, traio unhas cantas actividades para os nenos e nenas do CEP Sequelo:

       Empezástedes o día superando o reto de hoxe?, era unha pequena introdución dun dos traballos que temos, xa que, co gallo da celebración do Día da Educación Física na Rúa o 28 de abril, e coa intención de reducir-reutilizar-reciclar, vamos facer os materiais que empregaremos ese día, envío un pdf con moitas ideas que encontrei por internet, pero seguro que vós tedes moitas máis, hoxe empezaremos a elaborar o noso material!

2.        Tamén vos envío unha sesión de educación física con dúas cancións para que vaiades aprendendo as coreografías e unha introdución ao ioga, espero que vos guste.

     

        Para rematar tamén teño un xogo que me gusta moito pero vou explicalo con pictogramas, espero que o pasedes ben.

Chrome Music Lab

Animávosvos a experimentar con esta aplicación web, que pretende achegar conceptos e desenvolver destrezas musicais a través do xogo cunha apariencia amable.

As posibilidades van desde a creación de melodías, pasando pola aproximación ao coñecemento do fenómeno físico polo que se produce o sonido ata o desenvolvemento da creatividade unindo pintura e música.

Neste pequeno manual explícannos as posibilidades desta aplicación.

Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego

Dende o CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) remítennos estas directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego.

Adxúntase un pdf de 10 páxinas, con servizos e recursos para o desenvolvemento da aprendizaxe a distancia.

Contos desde a casa (5): Pablo Torres de 5ºA "Na barriga do dragón"

Pablo Torres de 5ºA lenos un fragmento de "Na barriga do dragón".

Mulleres galegas

Tiñamos pendentes algúns traballos coma este de 5º sobre as mulleres galegas e que iremos poñendo aos poucos

 

Reto 4: día de heroes e heroínas

Bos días,

Hoxe imos adestrar imitando os nosos heroes e heroínas preferidas e preferidos, pero antes de comezar co adestramento, debemos quecer os nosos músculos e preparar as nosas articulacións (xa sodes uns expertos).

Pincha enriba da imaxe e goza da actividade.

Cantos heroes imitas nesta actividade?

Contos dende a casa (4): A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Xoel de 5º mándanos este popular conto para continuar coa andaina dos Nosos contos dende a casa. Que sorte ten Xoel de poder estar o aire libre!

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.