Decembro 2021

Postal de Nadal I

Pincha sobre cada unha das personaxes para ver que sucede

 

Volcáns dos 5 continentes

Seguimos coñecendo en quinto máis cousas dos volcáns, e aprendimos que hai volcáns en Europa, Asía, África, América, Oceánía e ata na Antártida.

Papel, cola, un anaco de botella de auga,con paciencia e pintura, fixemos os volcáns do mundo.

O Monte Kilimanjaro (África)

O Popocatépetl (América Central)


Novarupta (Alaska-América do N.)

 

Bagana (Oceanía)

Monte Fuji Yama (Asia)

Monte Sidley (Antártida)

Actividades de Nadal 2021

Aínda que non puido ser un final de trimestre como tiñamos por costume facer ao chegar estas datas, si que puidemos facer unha despedida por todo o alto grazas á colaboración da ANPA AIDÓN, ao Concello de Marín e a todo o profesorado do centro.

Deixamos nestes vídeos un pequeno resumo das actividades realizadas; e aproveitamos para desexarlle unhas Boas Festas e un Próspero Ano 2022 a toda a comunidade escolar.

Vídeo 1: Visita de Papá Noel, Mago Paco, chocolatada, entrega de premios do "Concurso de Adornos de Nadal".

 Vídeo 2: O coro da profe Dona Inés alegrounos a mañá cantando estas panxoliñas.

 Vídeo 3: Entrega dos premios do "Concurso de Tarxetas de Nadal 2021"

Bo Nadal!!

 Que día máis axetreado!! Primeiro escoitamos as panxoliñas que preparou a profe Inés cos nenos e nenas de 6º, logo asistimos a actuación do mago Paco e... non podía faltar a visita de Papá Noel que nos visitou dúas veces, na clase e na biblioteca!!

Ademáis tomamos un chocolate quente con churros que nos preparou a ANPA!!!

Gracias a todos e todas!!

Dende aquí desexámosvos  un Bo Nadal, cheo de paz e, sobre todo, saúde !!!

 

A vexetación da Palma

No microproxecto que os alumnos de 5º emprenderon ao redor da erupcion do volcán Cumbre Vieja, traballaron cousas coma a flora típica da Illa.

Simboloxía do lume.

 O LUME

SIMBOLOXÍA

 O LUME É SÍMBOLO DE VIDA

................................................................

 

Acendemos candeas e as poñemos na parte superior dos nosos pasteis de aniversario
 na celebración de cada ano preciado das nosas vidas.
 
Simboliza a luz da súa vida.
 

 

Nas relixións da antigüidade

Para xudeos e cristiáns:

E dixo Deus: «Haxa  luz!» E houbo luz ” (Xénese 1,3).

A luz foi o primeiro don de Deus,

a súa primeira creación.

 O Lume. VIDA.

SIGNIFICADO DIVINO DO LUME

  A ESTRELA DE  NADAL

...Porque vimos a súa estrela no Oriente e vimos a adoralo”.
 

"Os magos, que eran astrónomos,

verían este fenómeno e  recoñecían que simbolizaba
o nacemento dun

gran líder en Xudea,”

 
 Foleón de Cantodarea, Marín.
Na Biblia, esta data, 24 de xunio, aparece como o día no que naceu
 San Xoán Bautista e seu pai Zacarías mandou encender unha fogueira para anunciar o nacemento do seu fillo Xoán.
 
 

.

 
 
VIDA ETERNA

 

 AS CANDEAS

 Chámanse cirios ou candeas de cera ás que se acenden nas cerimonias relixiosas.

Quen inventou as candeas?

 Tal e como as coñecemos agora, comenzáronse a fabricar

na Idade Media,

 con sebo e cera de abella.

 
 
 
 

 

CONCURSO DE CONTOS E POSTAIS DE NADAL 2021

Como cada ano chega o Nadal, e como cada Nadal chegan os concursos de Postais e contos que cada ano por estas datas, o Ateneo Santa Cecilia convoca. Algúns dos nenos do noso centro tiveron a sorte de seren premiados nel. Parabéns a eles e tamén aos que fixeron o esforzo de levar adiante unha postal ou unha narración e non tiveron tanta sorte.

PREMIADOS NO CONCURSO DE POSTAIS

CATEGORÍA B:  1º, 2º e 3º Primaria

2º PREMIO:  Álvaro Veiga Balagones.

 

PREMIADOS NO CONCURSO DE CONTOS

CATEGORÍA B:  3º e 4º de Primaria

3º PREMIO:  Darío Pereira Omil.

CATEGORÍA C:  5º e 6º de Primaria

1º PREMIO: Ramiro Bouza Berride.

2º PREMIO: Uxía Sanjorge Pesqueira.

3º PREMIO: Aarón Carracelas Castro.


Viaxamos no tren de Nadal!

 O venres demos un paseo no tren de Nadal. A mañá estaba fresquiña, pero nos íamos superpreparados e pasámolo xenial!!

I Campionato de Xadrez 2021-2022 Clasificación Final

Rematou o primeiro campionato de xadrez do CEP Sequelo deste curso, cun total de 20 torneos, e xa temos a clasificación final e os gañadores, que son:

En 6º curso: 

1º Marcos, con 57 puntos

2º Nihal e Mateo, con 16 puntos

3º Manuel, con 15 puntos

En 2º curso:

1º. Alfonso, con 21 puntos

Profesores:

1º. Xosé 45 puntos

2º. Miguel 10 puntos

Ex alumnos:

1º. Breixo, 21 puntos

2º. Darío, 12 puntos

3º. Xoel, 3 puntos

CLASIFICACIÓN FINAL

Noraboa aos gañadores!!  En xaneiro volvemos co 2º Campionato, que terá outros 20 torneos e rematará antes das vacacións de Semana Santa. E poderán participar tamén os pais e nais dos alumnos/as.

E aproveito para presentaros a REY ENIGMA, unha especie de Supermán do xadrez.

Aprende a resolver sinxelos problemas de xadrez con Rey Enigma. 

E se queremos ver máis, temos aquí o seu canal de Youtube.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.