Marzo 2022

Coloramos unha imaxe e creamos un puzzle

Nesta actividade aorendimos técnicas de edición gráfica coa ferramenta web Sumopaint, modificando as cores, debuxando ou engadindo novos elementos a unha imaxe para obter unha nova que inclñua sete diferencias respecto á orixinal. Posteriormente, coas imaxes, así obtidas xeramos coa ferramenta "I´m a puzzle" un puzle dixotal que intercambiamos con outros grupos para xogar a completalo e atopar as diferencias.

Deseño de Ceip Sequelo

Buscamos información na Biblioteca

A Biblioteca no noso centro é corazón e cerebro; nela os nenos, entre outras cousas, atopan e atoparán información para tódolos desafíos que lles propoñamos.  E no que este ano lles propoñemos é que descubran todo o referente a "Inventos que cambiaron o mundo".

Os alumnos de 5º buscando todo o referente ao Teléfono

A súa orixe, o seu desenvolvemento e importancia.

E como en toda investigación seria que se precie utilizando distintas fontes e sinalando logo cales foron esas fontes.

Pensamentos para Rosalía

Entre as actividades que a Asociación de Escritores en lingua galega promovía para a celebración o pasado 24 de Febreiro do Día de Rosalía estaba a posibilidade de elaborar Haikus a partir dalgúns dos versos máis recoñecidos da escritora, e isto foi o que conseguiron sacar os nenos de 5º

Poemas ao teléfono

A través dos teléfonos e por mensaxes de voz os alumnos de 5º envian para celebrar o día mundial da poesía 24 poemas galegos.  O teléfono un dos inventos que axudou a cambiar o destino da humanidade e que estamos traballando no noso PDI.  

 

Se premedes no "play" do reproductor oiredes a cada un dos rapaces, e se queredes poñelo a pantalla completa premede nos 3 puntos da esquina inferior dereita

 

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Por mor do Día Mundial da Poesía, a Academia da Lingua Galega, decidiu este ano homenaxear ao poeta do Morrazo, Bernardino Graña.  Nós non quixemos ser alleos a esta homenaxe, e cunha pequena representación de cada clase recitamos o seu poema "Canción para ir ao mar de pesca"... máis algo máis.

PROENS - Manual de Usuario

Xa está dispoñible para o profesorado na web da Consellería o Manual de usuario da aplicación PROENS, de uso obrigatorio o vindeiro curso para elaborar programacións.

 

 

O aradiño

O Proxecto Documental no que estamos inmersos este ano vai de inventos e inventores. Que dubida cabe que un dos máis grandes inventos da humanidade foi a agricultura e o arado.

Cun moi primitivo Chroma Key elaboramos este video sobre o poema homónimo de Manuel María.

Recycling Bicicletas Solidarias

Entrevista a cargo de Abel e Graciela na nosa Radio Televisión que non deixa de ser un pequeno resumo de todo o que nos veu contar José Luis Pereira sobre o seu proxecto solidario de reciclaxe de Bicicletas.  Moi agradecidos pola súa presenza no noso colexio.

DÍA MUNDIAL DA RADIO: entrevista a Ángeles Alvariño

O dia 13 de Febreiro celebramos o día Mundial da Radío e malia tela desmontada por mor das obras do centro, os alumnos de 5º foron quen de crear este podcast botando man da gravadora dixital.

Novos desafíos, novas aprendizaxes.  Aprenderon a mesturar audio e música no Adobe Audition utilizando o autoduck, de entre todos os proxectos que presentaron, eliximos este de Aitana.

Imaxinaron unha entrevista con Ángeles Alvariño, unha científica que por mor do microproxecto dos volcáns que levamos adiante, lles é de sobra coñecida.

 

Xornada de reciclaxe de bicicletas solidarias

Hoxe tivemos no centro unha xornada de reciclaxe de bicicletas con fins solidarios coa ONG "Recycling Bicicletas Solidarias". Un proxecto que trata de dar unha segunda oportunidade as bicis que xa non utilizamos, e que ésta ONG se encarga de recoller, reparar e enviar ao continente africano, concretamente a Guinea-Bissau.

Fai anos que esta iniciativa funciona grazas a José Luis Pereira, un axente da Garda Civil, que hoxe estivo con nós e explicounos como xurdiu e como se leva a cabo.

O alumnado do Sequelo contribuíu, aportando as bicicletas que non utilizaban.

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.