Skip to Content

Extraescolares e complementarias

Celebración do Nadal no IES Praia Barraña

 

 

O próximo 21 de decembro, con motivo da finalización do trimestre, celebraremos durante as dúas últimas horas lectivas desa data unha chocolatada solidaria para todo o centro. Convidámosvos a todos e todas a que participedes na mesma aportando un pouco de comida non perecedeira para poder colaborar co Concello no reparto de comida entre aquela xente do lugar que este Nadal teña algunha necesidade deste tipo.

Os rapaces de 4º da ESO, asemade, aproveitarán  o evento para recadar fondos para a excursión de fin de curso vendendo doces preparados na casa e que poderemos adquirir dunrante esas dúas horas de celebración.

Ademais, disputarase un partido de fútbol sala que enfrontará ao equipo gañador do torneo RecreActivos cunha selección de "vellas glorias" con máis anos ao lombo do profesorado e persoal non docente.

Ao remate destas actividades (13:45 h) cada grupo de alumnos (independentemente de que estea en materias específicas) subirá á súa aula de referencia  para recoller as notas da 1º Avaliación. 

 

 

 

 

Desexámosvos a todos moita sorte e un Bo Nadal.

 

EspazoFamilias_Boiro

28/11/2018
Europe/Madrid

O EspazoFamilias_Boiro quere invitarvos á primeira das actividades coas que queremos contribuír a sumar ferramentas e reflexións ao labor educativo que compartimos familias e escola. 

 

VIAXE FIN DA ESO A ROMA

Os alumnos de 4º de ESO foron de viaxe de fin de curso a Roma, unha viaxe cultural pero tamén de lecer. Visitaron os monumentos máis emblemáticos da cidade e fixeron unha gran camiñata pola Vía Apia que rematou nunha visita ás catacumbas. Todo dentro dun ambiente moi divertido no que disfrutaron moito. 

 

APADRIÑAMENTO LECTOR

 

O pasado 1 de xuño o alumnado de 2º da ESO apadriñaron lectores e lectoras de infantil, de 5 anos, no colexio Praia Xardín. Grandes e pequenos gozaron da lectura e pasaron unha hora moi divertida.

 

Esta actividade é o segundo curso que se realiza e consideramos a experiencia moi positiva. Dende a Biblioteca Escolar seguiremos traballando polo fomento da lectura e pola relación e comunicación con outras bibliotecas da contorna.

 

CONCURSO CIENCIA CLIP

O noso alumno JAVIER TUBÍO BRIÓN de 3º ESO B participa este ano no concurso CIENCIA CLIP, estando xa seleccionado na categoría M-youtuber co seu vídeo "Las leyes de los gases". 

Precisa do voso apoio para gañar, así que, xa sabedes, a partires do 18 de maio animámosvos a visitar a web, ver o vídeo e votar por Javier!!!

Pulsa na imaxe para ver o vídeo. 

V SEMANA TEMÁTICA

O Ies Praia Barraña celebrou estes días a V edición da Semana Temática que este ano se centrou na investigación da vila, Boiro.

Como podemos nestas fotos e vídeos, os estudantes realizaron distintas investigacións sobre a contorna, disfrutaron dunha charla do historiador local Antón Rodríguez Gallardo, fixeron unha andaina ata o Castelo de Vitres, deleitánronse cun concerto do grupo de rock noise "Agorafobia" e, como broche final, a semana clausurouse coa celebración dunha mostra deportiva e coa actuación do grupo "The Lákazans" que namoraron ao público co mellor soul do Barbanza.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut