Skip to Content

Celebración do Nadal no IES Praia Barraña

 

 

O próximo 21 de decembro, con motivo da finalización do trimestre, celebraremos durante as dúas últimas horas lectivas desa data unha chocolatada solidaria para todo o centro. Convidámosvos a todos e todas a que participedes na mesma aportando un pouco de comida non perecedeira para poder colaborar co Concello no reparto de comida entre aquela xente do lugar que este Nadal teña algunha necesidade deste tipo.

Os rapaces de 4º da ESO, asemade, aproveitarán  o evento para recadar fondos para a excursión de fin de curso vendendo doces preparados na casa e que poderemos adquirir dunrante esas dúas horas de celebración.

Ademais, disputarase un partido de fútbol sala que enfrontará ao equipo gañador do torneo RecreActivos cunha selección de "vellas glorias" con máis anos ao lombo do profesorado e persoal non docente.

Ao remate destas actividades (13:45 h) cada grupo de alumnos (independentemente de que estea en materias específicas) subirá á súa aula de referencia  para recoller as notas da 1º Avaliación. 

 

 

 

 

Desexámosvos a todos moita sorte e un Bo Nadal.

 



page | by Dr. Radut