Skip to Content

Extraescolares e complementarias

A esmorga

Chegada ao IES Praia Barraña d@s alumn@s de 2º de Bacharelato tras a proxección da película da obra homónima de Eduardo Blanco Amor.

Resaltamos do filme a ambientación, a recreación dos personaxes e unha lograda fidelidade con respecto ao texto orixinal.

Animádevos e ide vela! Paga a pena!

Concerto Entroido 2015

Preme na imaxe para ampliala

Programa de actividades: Entroido 2015

Preme na imaxe para ampliala

Fin de saison de théâtre en français!

Le 3 février on fera une sortie au théâtre pour assister à la représentation  Le fantôme de l’opéra”, au collège La Salle,  adaptée par la compagnie Eina d’escola.

Lisez l’adaptation théâtrale de l’œuvre de Gaston Leroux dans le fichier ci-inclus.

Podedes leer o guión da adaptación teatral da obra de Gaston Leroux no ficheiro adxunto.

Scénario/Guión:

Sortie au théâtre en français!

LES TROIS MOUSQUETAIRES

 

O 19 de xaneiro as 10:30h asistiremos á representación teatral Les Trois Mousquetaires da compañía teatral Transeduca, no Colexio La Salle de Santiago de Compostela.

D’Artagnan réussira-t-il à vaincre le Cardinal Richelieu avec l’aide des Mousquetaires ? Découvrez-le lors de ce spectacle cent pour cent en français.

On peut écouter l'adaptation de la pièce de A. Dumas et lire le scénario dans notre site web.

Podedes escoitar  a adaptación da obra de A. Dumas e leer o texto dende esta páxina.

Bonne journée!

Se me queres ben, estou contigo!! Se non date o piro!!

25/11/2014 09:20
25/11/2014 10:10
Europe/Madrid

O Departamento de Orientación organiza unha charla informativa para presentación da "Guía práctica de prevención da violencia de xénero entre moz@s". Destinada ao alumnado de 4º de ESO. No Salón de actos do Centro a 2º hora.

Excursión a Santiago de Compostela

25/11/2014 08:30
25/11/2014 18:30
Europe/Madrid

Os Departamentos de Xeografía e Historia e Economía organizan para os alumnos de 2º de Bach C e D unha excursión a Santiago de Compostela onde se visitará: Meteogalicia, o Instituto Galego de Estatística e o Parlamento de Galicia.

Visita á Misión Biolóxica de Pontevedra

24/11/2014 08:30
24/11/2014 14:10
Europe/Madrid

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza unha saida á Misión Biolóxica de Pontevedra para os alumnos de 1º de Bach A e B.

Concerto no Auditorio de Galicia

20/11/2014 08:30
20/11/2014 14:10
Europe/Madrid

O Departamento de Música organiza unha visita ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela para asistir a un concerto. Para os alumnos de 2º de ESO.

I Semana Temática no IES Praia Barraña

     O Equipo da Biblioteca de Centro do IES Praia Barraña inicia con esta primeira edición a coordinación dun Proxecto Interdisciplinar para implicar o alumnado na lectura. Trátase dun proxecto que implica a todos os Departamentos do Centro e a todo o alumnado dos diferentes ciclos nunha actividade común pero baixo distintos enfoques, arredor dun tema que o Equipo da Biblioteca propuxo ao comezo de cada curso. 

      Nesta primeira edición 2013-14 o tema escollido e traballado foi O MAR.

     Con esta “I Semana Temática – IES Praia Barraña” pretendemos expoñer e dar a coñecer todos os traballos realizados polos alumnos e profesores do Centro durante o curso arredor da temática do Mar.

      O longo da semana iranse activando os seguintes enlaces segun se vaian realizando as actividades programadas. Preme en cada icono para acceder á información detalllada e as galerías das actividades.

Distribuir contido


by Dr. Radut